Monte Popomanaseu é a montaña máis alta das Illas Salomón. Atópase en Guadalcanal ao leste do Monte Makarakomburu. Con 2335 metros, é o pico máis alto no Pacífico insular Sur, con exclusión de Nova Guinea e as súas illas satélite. En todo o Pacífico Sur non hai montaña máis alta até chegar as Andes en América do Sur. O cume é unha meseta. Ten grande importancia cultural para os pobos indíxenas e sostén un hábitat vital para moitas especies endémicas e restrinxidas a Guadalcanal.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de puntos máis altos por país
Ligazóns externas Información sobre a montaña en peaklist.org
Categoría:Xeografía das Illas Salomón Categoría:Montañas