María Marco Covelo, nada en Vigo en 1979, é unha comisaria de arte e escritora galega.
Traxectoria É licenciada en Belas Artes na Universidade de Barcelona, doutora en Belas Artes na Universidade de Vigo e Mestrado Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas na Universidade de Santiago de Compostela.
Foi colaboradora de El Cultural (en 2024 xefa de sección de Arte), da revista Tempos Novos e de Dot Galicia e está ligada ao mundo das artes plásticas como crítica e comisaria de arte contemporánea.
Obra
Novela Coidadora (2021). Xerais. 184 páxs. ISBN 978-84-9121-840-1. ePub: ISBN 978-84-9121-853-1.
Ensaio
Tigres en magnolias: A maxia como transformación na arte contemporánea (2021). Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Centro Galego de Arte Contemporánea. ISBN 978-84-453-5403-2.
Premios En 2019 foi galardoada co II Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea de Investigación e Ensaio polo orixinal Tigres en magnolias. A maxia como transformación na arte contemporánea.
En 2020 gañou o Premio Xerais de Novela coa obra Coidadora, na que se trata o tema das coidadoras de persoas. Segundo o xurado trata "un tema de actualidade, e faino desde a perspectiva de alguén que coñece ben esa profesión, de maneira que é quen de meternos na pel das persoas que o desempeñan, facéndonos partícipe da angustia que, en ocasións, provoca este traballo".
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina en Facebook Páxina en Twitter
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1979 Categoría:Gañadores do Premio Xerais Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela