Ohsumi foi unha serie de satélites artificiais xaponeses lanzados entre 1966 e 1970. Só un chegou a órbita, converténdose no primeiro satélite xaponés en ser orbitado mediante un foguete indíxena.

Características Os satélites Ohsumi consistían nun conxunto reducido de instrumentos (acelerómetros, un termómetro e varios transmisores) acaroados á cuarta etapa dun foguete L-4S. Ían equipados con varias antenas e a alimentación eléctrica era proporcionada por unha batería de cinc e óxido de prata cunha capacidade de 5 Ah. Tiñan unha masa de 24 kg.

Lanzáronse catro satélites Ohsumi entre 1966 e 1969 que non conseguiron chegar a órbita por diversos fallos do foguete lanzador. A quinta unidade, coñecida xa simplemente como Ohsumi, conseguiu entrar en órbita o 11 de febreiro de 1970, recibíndose o seu sinal dúas horas e media tras chegar ao espazo. O satélite funcionou ata a súa sétima órbita e reentrou na atmosfera terrestre o 2 de agosto de 2003.

Historial de lanzamentos

MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasOhsumi nº 126 de setembro de 1966L-4SFalloOhsumi nº 220 de decembro de 1966L-4SFalloOhsumi nº 313 de abril de 1967L-4SFalloOhsumi nº 422 de setembro de 1969L-4SFalloOhsumi nº 511 de febreiro de 1970L-4SÉxitominiatura|Modelo dun satélite Ohsumi en exposición.|centro Notas

Véxase tamén

Outros artigos L-4S

Categoría:Satélites artificiais