Spyridon Madalenas (en ), nado en Corfú o 3 de novembro de 1824 e finado na mesma illa o 1 de agosto de 1884, foi un bispo católico latino grego, arcebispo de Corfú dende 1860 até o seu pasamento.

Traxectoria Naceu en Corfú o 3 de novembro de 1824. Logo de rematar os estudos básicos na súa vila natal, en 1844 trasladouse a Roma para estudar Retórica, Filosofía e Teoloxía no Pontificio Collegio Urbano "De Propaganda Fide". Despois de doutorarse en teoloxía, foi ordenado sacerdote o 30 de marzo de 1850 polo cardeal Costantino Patrizi Naro.

Ao seu regreso a Corfú, en 1851, foi nomeado teólogo da arquidiocese, e entre 1853 e 1856 foi tamén chanceler do arcebispado. A partir de 1855 exerceu tamén de capelán para o Exército Británico,Neste período histórico, Corfú formaba parte do protectorado británico dos Estados Unidos das Illas Xónicas. e en 1858 foi tamén nomeado cura da catedral.

Co pasamento do arcebispo Carlo Rivelli en 1858 foi elixido vigairo capitular, e posteriormente preconizado como arcebispo da sé vacante o 23/25 de setembro de 1860. Recibiu a consagración episcopal o 9 de decembro en Roma, de mans do cardeal Karl August von Reisach; foi nomeado tamén administrador apostólico da diocese de Zante e Cefalonia, ao ser o seu bispo, Luigi Lastaria, de avanzada idade.

Foi padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.

Finou no cargo en Corfú, o 1 de agosto de 1884, e foi sucedido por Evangelista Boni, até entón bispo de Zante e Cefalonia.

Notas

Categoría:Nados en 1824 Categoría:Nados na periferia das Illas Xónicas Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Urbaniana Categoría:Arcebispos católicos de Grecia Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos do século XIX Categoría:Finados en 1884 Categoría:Participantes no Concilio Vaticano Primeiro