Rosario Porto Ortega, nada en Santiago de Compostela o 18 de decembro de 1969 e finada en Brieva o 18 de novembro de 2020, foi unha avogada galega non exercente, condenada, canda a seu esposo, Alfonso Basterra, polo asasinato da filla adoptiva de ámbolos dous, Asunta Basterra, en 2013. Rosario remataría suicidándose en prisión.
Traxectoria Primeiros anos, estudos e vida familiar Foi filla da catedrática de Historia da Arte María do Socorro Ortega Romero e do seu esposo o recoñecido avogado Francisco Porto Mella, que exercera durante varias décadas como Cónsul honorario de Francia en Santiago.Misterio y horror: el espeluznante caso del matrimonio que planeó durante meses el crimen de su pequeña hija en infobae.com
Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, e cun mestrado en Dereito Comparado, colexiouse como avogada non exercente, e nunca exerceu a profesión. Foi Cónsul honoraria de Francia entre 1997 e 2006.Feliciano Barrera, edit. (2002): Quién es quien en la Galicia de siglo XXI. Santiago de Compostela: Editorial Compostela, S. A. ISBN 84-8064-113-4, páxs. 458-459. Casou en febreiro de 1996 co xornalista Alfonso Basterra, do que posteriormente se divorciou. Ambos os esposos, sen fillos, adoptaron unha nena chinesa dun ano de idade, de nome Fang Yong, orixinaria da cidade de Yongzhou (Hunan), á que lle puxeron o nome de Asunta Fang Yong, máis coñecida como Asunta.
Asasinato de Asunta
O 21 de setembro de 2013, cando a nena tiña 12 anos, desapareceu. Os seus pais adoptivos denunciaron a súa desaparición na tarde-noite dese mesmo día. Na madrugada do día seguinte, dúas persoas descubriron un cadáver nunha pista forestal da parroquia de San Simón de Ons de Cacheiras, no municipio de Teo (a só 5 km da casa de campo de Rosario Porto en Montouto, tamén en Teo), alertando aos Servizos de Emerxencia, que identificaron o corpo da nena desaparecida. O día 24 de setembro a nai, Rosario Porto, foi detida e investigada por un presunto delito de homicidio. Un día despois tamén o pai, Alfonso Basterra, foi detido e investigado.
O xuíz que se encargou do caso foi José Antonio Vázquez Taín, coñecido pola súa actuación anterior e recente na recuperación do Códice Calixtino (2012) e no caso do accidente ferroviario de Angrois (2013). O caso motivou grande interese e foi obxecto de numerosos reportaxes nos principais medios televisivos españois. De acordo cos datos recollidos durante a investigación, a mesma xirou en torno a unha serie de pistas, entre as que se encontran:
Unhas cordas encontradas na propiedade da nai semellantes ás empregadas para atar o cadáver da menor; A presenza do medicamento ansiolítico lorazepam en cantidades tóxicas no sangue da nena; O ordenador portátil e o segundo teléfono móbil do pai desapareceron ao iniciarse a investigación, pero alguén colocounos no seu piso máis tarde, despois de manipular o disco duro.
En xuño de 2014 o xuíz Vázquez Taín puxo fin á instrución do caso, dando paso ao proceso de apertura de xuízo oral. En outubro, a Sección Sexta da Audiencia provincial da Coruña con sede en Santiago terminou cos últimos trámites xudiciais. A selección do xurado popular iniciouse en maio de 2015, estando previsto o comezo do xuízo para entre o 23 de xuño e o 17 de xullo do mesmo ano, pero producíronse algúns atrasos, e foi finalmente a principios de outubro de 2015 cando se iniciou o xuízo na Audiencia Provincial da Coruña, con 84 testemuñas e 60 peritos. O 30 de outubro de 2015 o xurado popular designado polo Xulgado de Santiago de Compostela determinou, por unanimidade, como culpábeis tanto a Alfonso Basterra como a Rosario Porto do asasinato de Asunta Basterra. En novembro de 2015, apenas dúas semanas despois de coñecerse o veredicto, coñécese a sentenza contra os pais de Asunta Basterra: 18 anos de cárcere para cada un por un delito de asasinato coa concorrencia da agravante de parentesco.
Morte de Rosario Porto Despois de pasar polo centro penitenciario de Teixeiro e o centro penitenciario da Lama foi trasladada no mes de marzo 2020 ao penal de Brieva onde se suicidou aforcándose cun anaco de tea amarrado a unha ventá. No penal de Brieva aplicóuselle en principio o protocolo de prevención de suicidios, polo que ingresou directamente no módulo de enfermaría e quedou ao cargo dunha reclusa de confianza que a axudaba no proceso de adaptación. Porén, pouco máis tarde, levantáronlle estas cautelas, polo que Rosario xa facía vida normal antes de que se quitara a vida.
Os últimos en vela con vida foron os funcionarios de prisións que pasaron revista ás oito da mañá, cando as presas teñen que levantarse. Porén, non a encontraron no comedor para o almorzo, polo que foron buscala á cela, e foi alí onde a encontraron aforcada. Deron aviso inmediato ao 112 e os sanitarios intentaron reanimala. Institucións Penitenciarias abriron unha investigación para esclarecer os feitos, aínda que na cela que ocupaba Rosario Porto non apareceu ningún obxecto sospeitoso nin prohibido. Estaba todo recollido e, segundo as primeiras informacións, non había ningunha carta nin mensaxe.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Caso Asunta Basterra
Categoría:Avogados de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Finados en 2020 Categoría:Suicidios en 2020 Categoría:Asasinos Categoría:Suicidas de Galicia Categoría:Cónsules honorarios en Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Aforcados