Okean OE foi unha serie de dous satélites artificiais soviéticos lanzados en 1983 e 1984.

Características Os satélites Okean OE foron satélites experimentais para monitorizar a superficie oceánica. Eran os sucesores dos satélites Okean E e prototipos dos satélites Okean O1. Estaban baseados no bus Tselina-D e levaban a bordo un radiómetro, un polarímetro para radiación na lonxitude de onda de 3,2 cm, unha cámara multiespectral e un radar en banda X cunha resolución máxima de 0,7 km .

Okean OE-1 foi tamén denominado Kosmos 1500 e foi lanzado o 28 de setembro de 1983, mentres que Okean OE-2 levaban tamén a denominación Kosmos 1602 e foi enviado ao espazo o 28 de setembro de 1984. Ambos satélites foron lanzados mediante foguetes Tsiklon-3.

Historial de lanzamentos

MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasOkean OE-128 de setembro de 1983Tsiklon-3ÉxitoOkean OE-228 de setembro de 1984Tsiklon-3Éxito

Notas

Véxase tamén Outros artigos Tsiklon-3 Okean E Okean O1 Okean O

Categoría:Satélites artificiais