Okean E foi unha serie de dous satélites artificiais soviéticos lanzados en 1979 e 1980.

Características Os satélites Okean E foron satélites experimentais para monitorizar a superficie oceánica. Eran prototipos dos satélites Okean O1. Estaban baseados no bus Tselina-D e levaban a bordo un radiómetro, un polarímetro para radiación na lonxitude de onda de 3,2 cm, un espectrómetro infravermello e unha cámara multiespectral cunha resolución de 1,8 km.

Okean E-1 foi tamén denominado Kosmos 1076 e foi lanzado o 12 de febreiro de 1979, mentres que Okean E-2 (Kosmos 1151) foi enviado ao espazo o 23 de xaneiro de 1980. Ambos satélites foron lanzados mediante foguetes Tsiklon-3 e foron seguidos polos dous satélites tamén experimentais Okean OE.

Historial de lanzamentos

MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasOkean E-112 de febreiro de 1979Tsiklon-3ÉxitoOkean E-223 de xaneiro de 1980Tsiklon-3Éxito

Notas

Véxase tamén Outros artigos Tsiklon-3 Okean OE Okean O1 Okean O

Categoría:Satélites artificiais