miniatura|300px|A xema (vitelo) dun ovo de galiña O vitelo,vitelo, 2ª acep. no Dicionario da RAG. deuteroplasma ou plasma xerminativo é a parte do protoplasma do cigoto que contén substancias nutritivas,Garrido, Carlos (1977): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Corunha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-87305-12-1, p. 336. tales como lípidos, glícidos, proteínas, vitaminas, e minerais.

O vitelo provén na súa maioría do óvulo, e serve para a nutrición do embrión, polo menos nas súas fases iniciais.

As proteínas funcionan en parte como alimento por si mesmas e, en parte, para a regulación do almacenamento e subministración dos outros nutrientes. Por exemplo, nalgunhas especies a cantidade de xema nun ovo afecta aos procesos de desenvolvemento que seguen á fecundación.

O vitelo non é un material de células vivas, como o citoplasma, senón un material en gran parte pasivo, é dicir, un deuteroplasma (elementos inactivos do protoplasma, principalmente o material nutritivo que contén o saco vitelino),MOSBY (2010): Diccionario Mosby Pocket de Medicina, Enfermería y Ciencias de la Salud. 6ª ed. Ámsterdam, Países Baixos: Elsevier Mosby. ISBN 978-84-8086-682-8. de aí o sinónimo deuteroplasma. O material alimentario e as estruturas de control asociadas fornécense durante a ooxénese. Parte do material almacénase máis ou menos na forma en que o corpo materno o subministrou, en parte como procesado por tecidos non xerminais no ovo, mentres que parte do procesamento biosintético na súa forma final acontece no propio ovocito.

Diferenzas entre as especies Algúns tipos de ovos non conteñen vitelo, por exemplo, porque se producen en situacións nas que a subministración de alimentos é suficiente (como no corpo do hospedador dun parasito) ou porque o embrión se desenvolve no corpo da nai, que subministra o alimento, normalmente a través da placenta. Dise que os sistemas reprodutivos nos que o corpo da nai subministra directamente o alimento ao embrión son matrotróficos, e que aqueles nos que o embrión é subministrado polo vitelo son lecitotróficos. En moitas especies, como todas as aves, e na maioría dos réptiles e insectos, o vitelo adopta a forma dun órgano especial de almacenamento construído no tracto reprodutivo da nai. En moitos outros animais, especialmente especies moi pequenas, como algúns peixes e invertebrados, o material do vitelo non se encontraa nun órgano especial, senón no interior do ovo.

A cantidade de vitelo está relacionada coa historia evolutiva das especies. Así, os pequenos animais que producen grandes cantidades de ovos para aseguraren a súa supervivencia presentan ovos oligolecitos ou mesolecitos, polo que o embrión debe desenvolverse rapidamente antes de esgotar as súas reservas nutritivas. As aves e os réptiles necesitan ovos polilecitos para aseguraren a nutrición de embrións complexos que se desenvolven fóra da nai. Os mamíferos producen ovos pequenos desprovistos case de vitelo, debido ao desenvolvemento da placentación, a pesar da súa orixe evolutiva a partir de especies de ovos polilecitos. Porén, durante a gastrulación dos mamíferos séguese un esquema moi similar ao dos ovos polilecitos a pesar de ser máis complexo.

Clasificación dos ovos segundo o vitelo

Pola cantidade de vitelo Oligolecitos ou microlecitos: pouca cantidade. Mesolecitos ou heterolecitos: cantidade media. Polilecitos ou megalecitos: gran cantidade.

Pola distribución do vitelo Isolecito: uniformemente distribuído. Telolecito: concentrado nun polo (polo vexetal), mentres que no outro extremo se encontra o polo animal, que constitúe o disco embrionario. Centrolecito: concentrado no centro.

Vitelo nas aves Nas aves o vitelo está formado por dous compoñentes: O vitelo amarelo, que é o maior dos dous compoñentes. O vitelo branco, que forma unha parte central bulbosa (látebra) prolongándose nun colo que se expande baixo o disco embrionario, formando o chamado núcleo de Pander.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Barnes, R. S. K., et al. (2001): The Invertebrates: A Synthesis. Hoboken, Nova Jersey, USA: Wiley-Blackwell. ISBN 978-0-632-04761-1. García Monterde, José e Francisco Gil Cano (2006): Embriología Veterinaria. Un enfoque dinámico del desarrollo animal . Córdoba: Universidad de Córdoba. ISBN 978-950-555-409-6.

Outros artigos Xema (ovo)

Categoría:Embrioloxía Categoría:Termos zoolóxicos