A dos alcionáceos,alcionáceo, en Ledo Cabido, B., dir. (2004): Dicionario de galego. Vigo: Ir Indo Edicións. ISBN 84-7680-504-7. Alcyonacea, é unha orde de cnidarios antozoos da subclase dos octocoraliarios.Alcyonacea no WoRMS.

A maioría das súas especies denomínanse comunmente corais brandos, xa que no producen esqueletos de carbonato cálcico, polo que non contribúen á construción dos arrecifes coralinos, aínda que habitan neles.

Taxonomía Descrición A orde foi descrita en 1812 polo biólogo francés Jean Vincent Félix Lamouroux, na súa obra "Extrait d'un mémoire sur la classification des Polypiers coralligènes non entièrement pierreux". Nouveau Bulletin des Sciences, publié par la Société Philomatique de Paris 3: 181–188.

Sinónimo Ademais de polo seu nome actualmente válido, a orde coñeceuse tamén polo sinónimo: Gorgonacea

Clasificación A orde subdivídese nas seguintes subordes: Alcyoniina Calcaxonia Holaxonia Protoalcyonaria Scleraxonia Stolonifera

Características Os chamados corais brandos presentan, na súa maioría, un aspecto carnoso, teñen nos seus tecidos uns cristais microscópicos de calcita chamados espículas, cuxa función é dar consistencia aos tecidos do animal, en ausencia de esqueleto. A forma e a distribución das espículas son as principais características utilizadas na identificación de xéneros e especies dos octocoraliarios.Daly, M. et al. (2007): ""The Phylum Cnidaria. A review of phylogenetic patterns and diversity 300 years after Linnaeus". Zootaxa 1668: 127-182.

Ademais dos corais brandos, esta orde inclúe as gorgonias, que substitúen o esqueleto dos corais duros, da orde das escleractinias, por estruturas semirríxidas compostas de calcita e/ou unha substancia que xeran chamada gorgonina.

Galería

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cnidarios Antozoos Octocoraliarios

Ligazóns externas The Marine Fauna Gallery of Norway Gorgonian Corals

Categoría:Cnidarios