María Isaura Abelairas Rodríguez, nada en Taboada o 25 de xuño de 1951 e finada en Vigo o 3 de xuño de 2021, foi unha mestra e política galega do PSdeG-PSOE, deputada no Parlamento de Galicia pola circunscrición electoral de Pontevedra. Traxectoria miniatura|Isaura Abelairas, Mary Quintero e María Quintero en Vigo Mestra de profesión, daba clase de galego e foi a directora do CEIP Emilia Pardo Bazán de Vigo (o colexio do Chouzo) durante moitos anos. Foi elixida concelleira do concello de Vigo a principios do século XXI, e retivo a súa acta de concelleira ata as eleccións de 2019, cando decidiu non continuar. No consistorio vigués ocupouse de varias áreas ao longo dos anos, entre elas Benestar Social.
Tamén foi deputada provincial na Deputación de Pontevedra entre 2018 e 2019, onde se encargou da área de Igualdade. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 levou o número dous na lista do PSdG-PSOE pola circunscrición electoral de Pontevedra,"Resolución do 15 de xuño de 2020 pola que se fan públicas as candidaturas proclamadas…" Diario Oficial de Galicia n.º 117, do 16/6/2020. e obtivo acta de deputada autonómica.
Vida persoal Casou e tivo dúas fillas, Patricia (finada en xaneiro de 2022) e Xela. En 2017 revelou publicamente que padecía cancro, en concreto un carcinoma de partes brandas que metastizara na parénquima pulmonar.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Parlamento de Galicia
Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados en Taboada Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Finados en 2021 Categoría:Finados por cancro