Heliopora coerulea é unha especie de cnidario antozoo da subclase dos octocoraliarios, a única existente actualmente na orde dos helioporáceos.Heliopora coerulea (Pallas, 1766) no WoRMS. Consultado o 15 de agosto de 2020.

Debido á súa coloración, coñécese vulgarmente na bibliografía internacional como coral azul. O seu esqueleto é macizo e está composto de carbonato cálcico. Tras a morte do coral, o seu esqueleto contribúe á xeración de novos arrecifes coralinos.

Taxonomía Descrición Orde A orde foi descrita en 1938 polo zoólogo sueco Sixten Bock.

Familia A familia foi descrita en 1876 polo naturalista británico Henry Nottidge Moseley.

Xénero O xénero foi descrito en 1830 polo naturalista, zoólogo e anatomista francés Henri Marie Ducrotay de Blainville.

Especie A especie foi descrita en 1766 polo médico, zoólogo e botánico alemán Peter Simon Pallas, baixo o nome de Madrepora coerulea.Heliopora coerulea (Pallas, 1766) (coral azul) en cuallado.org . Consultado o 15 de agosto de 2020.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Madrepora coerulea Pallas, 1766 (protónimo) Heliopora compressa Verrill, 1864

Características O esqueleto das colonias deste animal, ou corallum, é azul, o que o distingue do resto dos corais. É de tipo masivo e adquire formas laminares, ramificadas, columnares ou incrustantes.​ No interior do esqueleto hai cristais dun pigmento biolóxico azul escuro, do tipo da biliverdina; para producir este pigmento, o coral ten a propiedade de extraer da auga ferro, e oxidalo, converténdoo nun sal azul que se fixa no esqueleto.

Os pólipos autozoides son bastante longos e delgados, e habitan nun sistema de tubos canalizado por todo o esqueleto. Os seus oito tentáculos presentan unhas células urticantes (os nematocistes), empregadas na caza de presas microscópicas do plancto. Ao igual que os corais de lume do xénero Millepora, posúe pólipos dactilozoides, que son defensivos e, ao tempo, a súa principal ferramenta para captar alimento; teñen entre 0,1 e 0,3 mm de diámetro, permanecen en cavidades baixo a superficie do coral e emerxen pola noite a través dos poros. Posúen tentáculos finos, como pelos, que presentan nematocistes.​Eric Borneman (2008): Venomous Corals: The Fire Corals en reefkeeping.com . Consultada o 15 de agosto de 2020.

Heliopora coerulea presenta o tecido común da colonia, ou cenénquima, en tonalidades parda clara ou gris verdosa. Os pólipos autozoides son de cor azul, branca ou gris verdosa.5​ As colonias poden alcanzar os 2 m de altura.Blue coral (Heliopora coerulea) en ARKive . Consultado o 15 de agosto de 2020.

Hábitat e distribución Hábitat Esta especie adoita vivir en arrecifes de coral, en zonas pouco profundas, ben iluminadas e próximas ás costas, entre 0 e 9 m, usualmente por riba dos 2 m, aínda que poden localizarse até os 51 m de profundidade, e nun rango de temperaturas entre os 26,47 e os 28,95 °C.Heliopora coerulea (Pallas, 1766) en OBIS. Pero tamén se encontran en zonas intermareais, lagoas e zonas protexidas do arrecife, onde desenvolven formas ramificadas, mentres que en zonas expostas con forte ondada conforman estruturas máis robustas.

Distribución Distribúese por ambos os océanos Índico e Pacífico, máis frecuentemente en zonas ecuatoriais de augas cálidas cerca de 29 °C.

(Ver a relación de todos os países onde esta especie é nativa aquí).

Bioloxía Nutrición Os pólipos de Heliopora coeurlea conteñen algas simbióticas mutualistas (ambos os organismos benefícanse da relación) chamadas zooxantelas. As algas realizan a fotosíntese producindo oxíxeno e glícidos, que son aproveitados polos pólipos, e aliméntanse dos catabólitos do coral (especialmente fósforo e nitróxeno). Isto achega entre o 75 e o 95 % das súas necesidades alimenticias. O resto obtéñeno atrapando plancto microscópico e materia orgánica dispersa na auga.

Reprodución Reprodúcese asexualmente mediante xemación e sexualmente mediante fecundación interna, na que se producen ovos que ao eclosionaren dan lugar a larvas. As larvas maduras, unha vez no exterior, están preparadas para fixarse rapidamente ao substrato. De feito, comprobouse que as larvas de H. coerulea non nadan, polo que se adhiren ao redor da colonia nai, garantindo deste modo que crecerán en condicións favorábeis. Unha vez adheridas, evolucionan a pólipo e comezan a súa su vida sésil, segregando un esqueleto de aragonita, e formando a colonia mediante a división dos pólipos por xemación.

Estado de conservación Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UINC), esta especie está moi estendida na rexión Indo-Pacífica e é localmente común dentro da súa área de distribución. Porén, dado o seu rango de profundidade extremadamente baixo, é particularmente susceptíbel á recolección para o comercio de acuarios; por outra parte, sofre unha extensa redución do seu hábitat debido a unha combinación de varios factores. Descoñécense as tendencias específicas da poboación, pero a súa redución pode inferirse da diminución da calidade do hábitat baseándose nas estimacións combinadas dos arrecifes destruídos e os que están na etapa crítica de degradación dentro da súa área de distribución. Por todo isto, cualifícase o seu status como VU (vulnerábel). Será importante reavaliar o status desta especie dentro de 10 anos debido ás ameazas previstas debidas ao cambio climático e á acidificación dos océanos.Obura, D., Fenner, D., Hoeksema, B., Devantier, L. & Sheppard, C. (2008): Heliopora coerulea na Lista vermella da UICN. Versión 2020. Consultada o 15 de agosto de 2020.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Borneman, Eric H. (2001): Aquarium corals: selection, husbandry and natural history. Shelburne, Vermont, USA: Microcosm Ld. ISBN 978-1-8900-8747-0. Debelius, Helmut & Baensch, Hans A. (1997): Marine Atlas. Volume 1. Osnabrück, Baixa Saxonia, Alemaña: Mergus Verlag GmbH. ISBN 978-3-8824-4051-5. Gosliner, T. M.; Behrens, D. W. & Williams, G. C. (1996): Coral Reef Animals of the Indo-Pacific. Monterey, California, USA: Sea Challengers Inc. ISBN 978-0-9301-1821-1. Veron, J. E. N. (1986): Corals of Australia and the Indo-Pacific. Sydney, Australia: Angus & Robertson Publishers. ISBN 978-0-2071-5116-3. Wilkinson, C. (2004): Status of coral reefs of the world: 2004. Volume 2. Townsville, Queensland, Australia: Australian Institute of Marine Science. Zann, L. P. & Bolton, L. (1985): "The distribution, abundance and ecology of the blue coral Heliopora coerulea (Pallas) in the Pacific". Coral Reefs 4 (2): 125-134.

Outros artigos Cnidarios Antozoos Octocoraliarios

Ligazóns externas Blue coral (Heliopora coerulea) en ARKive . Blue Coral en Animal-World .

Categoría:Antozoos