José Daniel Pérez López, nado en Erbecedo (Coristanco) en 1977, é un avogado laboralista e político galego do BNG, deputado no Parlamento de Galicia pola Circunscrición electoral da Coruña. miniatura|Papeleta das Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020. Traxectoria É licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña. Formou parte de Galiza Nova e foi concelleiro en Carballo. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 foi de número seis da lista do Bloque Nacionalista Galego pola Circunscrición electoral da Coruña,"Resolución do 15 de xuño de 2020 pola que se fan públicas as candidaturas proclamadas…" Diario Oficial de Galicia n.º 117, do 16/6/2020. obtendo acta de deputado autonómico.

Concelleiro en Carballo, cando o alcalde Evencio Ferrero dimitiu en outubro de 2025, Pérez foi elixido novo alcalde o 11 de outubro. Por conseguinte, e como a lei non permite a compatibilidade dos postos de alcalde e deputado, dimitiu como parlamentario no Hórreo, onde foi substituído por Saleta Chao.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Parlamento de Galicia

Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados en Coristanco Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Avogados de Coristanco Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Concelleiros de Carballo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Alcaldes de Carballo