Sulk é o segundo álbum de estudio da banda escocesa de pop The Associates, publicado o 14 de maio de 1982 a través do seu propio selo Associates, filial de Beggars Banquet Records, no Reino Unido e a través de WEA Records no resto de EuropaThrills, Adrian (8 May 1982). "The Secret Life of the Associates". NME. pp. 24, 25, 47. O disco foi editado o 4 de outubro dese ano nos Estados Unidos por Sire Records.

O disco estivo nas listas británicas 20 semanas, chegando ao número 10, e foi álbum do ano para a revista británica Melody Maker."Album of the Year". Melody Maker. 18 de decembro de 1982. p. 31. Aínda que foi o álbum de ruptura do grupo, tanto a nivel de crítica como comercial, sería o seu derradeiro disco gravado pola parella orixinal formada por Alan Rankine e Billy Mackenzie, xa que Rankine deixou a banda catro meses despois do lanzamento de Sulk.

Listaxe de cancións Todos os temas compostos por Alan Rankine e Billy Mackenzie, agás onde se indique.

Edición do Reino Unido e o Canadá

Cara 1

"Arrogance Gave Him Up" – 2:57 "No" – 5:41 "Bap de la Bap" – 4:13 "Gloomy Sunday" (Rezső Seress, Sam M. Lewis) – 4:09 "Nude Spoons" – 4:15

Cara 2

"Skipping" (Rankine, Mackenzie, Michael Dempsey) – 3:57 "It's Better This Way" – 3:22 "Party Fears Two" – 4:52 "Club Country" – 5:29 "nothinginsomethingparticular" – 2:16

Edición dos Estados Unidos e Europa

Cara 1

"It's Better This Way" (remix) – 3:30 "Party Fears Two" (remix) – 5:08 "Club Country" – 5:33 "Love Hangover" (Pam Sawyer, Marilyn McLeod) – 6:09 "18 Carat Love Affair" – 3:47

Cara 2

"Arrogance Gave Him Up" – 3:00 "No" – 5:45 "Skipping" (Rankine, Mackenzie, Dempsey) – 4:00 "White Car in Germany" – 4:50 "Gloomy Sunday" (Seress, Lewis) – 4:08 "The Associate" – 5:00

Notas

Categoría:Álbums de The Associates Categoría:Álbums musicais de 1982 Categoría:Álbums producidos por Mike Hedges Categoría:Álbums de Beggars Banquet Records