Iria Carreira Pazos, nada en Arzúa en 1991, é unha médica e política galega do BNG, deputada no Parlamento de Galicia pola Circunscrición electoral da Coruña.

Traxectoria Licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Especializouse en Medicina Familiar e Comunitaria. Formou parte da dirección nacional de Galiza Nova e foi responsábel da asemblea nacional LGBT. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 foi de número 7 da lista do Bloque Nacionalista Galego pola Circunscrición electoral da Coruña,"Resolución do 15 de xuño de 2020 pola que se fan públicas as candidaturas proclamadas…" Diario Oficial de Galicia n.º 117, do 16/6/2020. obtendo acta de deputada autonómica.

É secretaria xeral da Unión da Mocidade Galega.

Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada pola Coruña.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia Lista de deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia Ligazóns externas Parlamento de Galicia

Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Arzúa Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Médicos de Arzúa Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia