miniatura|260px|Dendronephthya klunzingeri, un coral brando A dos octocoraliarios,octocoraliarios no Dicionario da RAG. cientificamente Octocorallia, tamén coñecidos como alcionarios (Alcyonaria),Alcyonaria no Merriam-Webster Dictionary. é unha subclase de cnidarios da clase dos antozoos.Octocorallia no WoRMS.

A sublase comprende ao redor de 3 000 especies de organismos formados por pólipos coloniais de simetría octogonal. Inclúee os corais brandos, o coral azul, e as gorgonias.

Taxonomía Descrición A subclase foi descrita en 1866 polo filósofo e biólogo alemán Ernst Haeckel, na súa obra Generelle Morphologie der Organismen: allgemeine Grundzüge der organischen Formen-Wissenschaft, mechanisch begründet durch die von Charles Darwin reformirte Descendenz-Theorie.

Sinónimo Alcyonaria

Clasificación A subclase subdivídese nas seguintes ordes:Daly, M. et al. (2007): ""The Phylum Cnidaria. A review of phylogenetic patterns and diversity 300 years after Linnaeus". Zootaxa 1668: 127-182. Alcyonacea Lamouroux, 1812 Helioporacea Bock, 1938 Pennatulacea Verrill, 1865

Existindo ademais varios xéneros de octocoraliarios incertae sedis.Cordeiro, R.; McFadden, C.; van Ofwegen, L. & Williams, G. (2020): World List of Octocorallia. Octocorallia incertae sedis.

Características Estes organismos teñen un esqueleto interno calcario segregado pola mesoglea e pólipos con oito tentáculos.

Como ocorre con todos os cnidarios teñen un ciclo de vida complexo que inclúe unha fase móbil (que se considera como parte do plancto) e unha fase sésil característica posterior.

Rexistro fósil Os octocoraliarios existiron polo menos desde o ordovícico, como mostran os achados de Maurits Lindström na década de 1970. Porén, traballos recentes demostran que posibelmente datan do cámbrico.

Véxase tamén

Outros artigos Cnidarios Antozoos

Noras

Categoría:Cnidarios