Jesús Lago González,Nalgunhas fontes aparece como Jesús Lago Fernández coñecido como Petrillas, nado no antigo concello de Lavadores (Vigo) cara a 1900 e finado en Vigo o 24 de outubro de 1940, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Dirixiu un grupo dunha ducia de guerrilleiros que actuaron na contorna de Cabral e Navia até 1939. O grupo estaba formado por Enrique Cameselle García, José Almeida Otero, Antonio Rodríguez Posada, Luciano Janeiro Valente, Vicente Guillén Biel e Manuel Rodríguez Fernández. Foron acusados polas autoridades de estar detrás da morte de Amelia Alonso, propietaria dunha granxa en Cabral, e José Navas, que veu no seu socorro, a principios de 1939. Uniuse ao grupo de José e Rogelio García Morales, os Maletas. O 15 de outubro de 1939, o grupo foi rodeado pola Garda Civil en Vilar de Infesta (Redondela) e Jesús foi o autor do tiro accidental que feriu gravemente ao seu compañeiro Rogelio García, pero conseguiu escapar. Denunciado por tres dos seus excompañeiros, foi capturado o 21 de setembro de 1940. As autoridades acusárono dunha morte en 1936, varios atracos nos anos posteriores e da morte da propietaria da granxa en Cabral e do seu veciño. Foi xulgado en consello de guerra e condenado a pena de morte. Foi executado no cemiterio de Puxeiros con Antonio Rodríguez Posada, Luciano Janeiro Valente, José Almeida Otero e Enrique Cameselle García, o 24 de outubro de 1940.El Pueblo Gallego, 25-10-1940, p. 2. Outro dos condenados, Juan Manuel Rodríguez Fernández, logrou fuxir no momento de iniciarse a execución.
Vida persoal Casou con Amparo Alonso.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas A primeira guerrilla antifranquista galega (1936-1939): un esforzo malogrado. Lugar de memoria
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Finados en 1940 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos