Samil ou Saamil é un lugar da parroquia de Castrofeito no concello coruñés do Pino, na comarca de Arzúa.
A uns 180 metros en liña recta ao sueste atópase o núcleo de Samil de Abaixo, de dimensións moito menores e xa na parroquia de Arca, polo que a esta poboación tamén se lle coñece como Samil de Arriba. Outros topónimos dos arredores son Campo da Pepa e A Toxeira (ao norte), As Caneiras (ao oeste) e o Coto de Pazos (ao leste).
A curta distancia, a uns 1.100 m cara ao nordés, nace na Chousa de Abeas o rego do Burgo.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Arca
Parroquias do Pino
Notas
Categoría:Lugares do Pino