Aleksandr Iuriievich "Sasha" Kaleri, nado en Jūrmala (Letonia), o 13 de maio de 1956, é un cosmonauta ruso que formou parte das misións Soiuz TM-14, Soiuz TM-24, Soiuz TM-30, Soiuz TM-3 e Soiuz TMA-01M e foi membro das expedicións 8, 25 e 26 á Estación Espacial Internacional.

Traxectoria Kaleri graduouse en dinámica de voo en 1979 no Instituto de Física e Tecnoloxía de Moscova. En 1983 completou o seu traballo de posgrao no mesmo instituto, especializándose en mecánica de líquidos, gas e plasma

Foi seleccionado como cosmonauta por RSC Energia en abril de 1984, participando nas misións Soiuz TM-14, Soiuz TM-24, Soiuz TM-30, Soiuz TM-3 e Soiuz TMA-01M e nas expedicións 8, 25 e 26 á Estación Espacial Internacional, pasando un total de 769,28 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TM-14 Soiuz TM-24 Soiuz TM-30 Soiuz TM-3 Soiuz TMA-01M Expedición 8 Expedición 25 Expedición 26 Estación Espacial Internacional

Categoría:Astronautas de Rusia Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados en Letonia