Antonio Iglesias González, nado en Vigo cara a 1914 e finado en Teis o 3 de abril de 1939, foi un sindicalista e guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
Veciño de Lavadores. Ferreiro axustador. Membro do Sindicato Metalúrxico da CNT de Vigo e das Juventudes Libertarias. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia en Teis e Lavadores. Logo fuxiu ao monte integrándose no grupo de César Rosas Bermúdez. O 12 de abril de 1937 as autoridades franquistas organizaron unha batida en San Xoán do Monte na súa procura. Os veciños que os protexían, Jose Niebla García e Ángela Iglesias Rebollar, foron detidos e logo asasinados nas inmediacións do Monte da Guía. O 19 de abril foron localizados por unha delación e asasinados os compoñentes do grupo Olegario Collazo Lago, Leopoldo Comesaña Lorenzo e José López Rivas en San Xoán do Monte.
O 3 de abril de 1939 cando estaba refuxiado con César Rosas Bermúdez na casa de Lucía Domínguez Eiroa no Toural, foron acurralados pola Garda Civil e suicidáronse. Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Rosas Bermúdez, César (1903-1939) A primeira guerrilla antifranquista galega (1936-1939): un esforzo malogrado .
Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Finados en 1939 Categoría:Nados en 1914 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Suicidas de Galicia Categoría:Suicidios en 1939