César Rosas Bermúdez, nado en Nerva (Huelva) en 1903 e finado en Teis o 3 de abril de 1939, foi un sindicalista e guerrilleiro antifranquista español.

Traxectoria Taxista de profesión. Nos anos da República marchou a Vigo e empregouse nas factorías de Vulcano. Dirixente do Sindicato Metalúrxico e Secretario do Sindicato de Oficios Varios da CNT de Vigo. Representou á comarca viguesa no IV Congreso da CNT de Zaragoza. Foi detido en varias ocasións pola súa militancia cenetista.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia en Teis e Lavadores. Logo fuxiu cara aos montes da Madroa. O 18 de setembro o xuíz militar emitiu unha requisitoria contra el e Benito Paz Piñeiro, Olegario Collazo Lago e Vicente Iglesias como dirixentes do Sinticato de Oficios Varios.El Pueblo Gallego, 19-9-1936, p. 2. O 12 de abril de 1937 as autoridades franquistas organizaron unha batida en San Xoán do Monte na súa procura e na dos seus compañeiros Antonio Iglesias González e Ernesto Rodríguez Vázquez. Os veciños que os protexían, Jose Niebla García e Ángela Iglesias Rebollar, foron detidos e logo asasinados nas inmediacións do Monte da Guía. O 19 de abril foron localizados por unha delación e asasinados os compoñentes do grupo Olegario Collazo Lago, Leopoldo Comesaña Lorenzo e José López Rivas en San Xoán do Monte. Foi xulgado en Vigo por rebelión e declarado en rebeldía. Abríronlle expediente por responsabilidade civil en setembro de 1937.El Pueblo Gallego, 10-9-1937, p. 9.

A finais de xaneiro de 1939 participou nun atraco a unha taberna de Cabral, onde foi recoñecido. O 3 de abril de 1939 cando estaba refuxiado con Antonio Iglesias González na casa de Lucía Domínguez Eiroa no Toural, foron acurralados pola Garda Civil e suicidáronse.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Rosas Bermúdez, César (1903-1939) A primeira guerrilla antifranquista galega (1936-1939): un esforzo malogrado .

Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Guerrilleiros antifranquistas Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Huelva Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1939 Categoría:Suicidas de España Categoría:Suicidios en 1939