Agustín Fernández Fernández, nado en Foz e finado en Columbrianos, Ponferrada, o 28 de xuño de 2009, foi un piloto galego de motociclismo.
Disputou oito veces consecutivas o Rally Dakar entre 1987 e 1994, conseguindo completalo en seis delas. O seu mellor resultado foi o sexto lugar do ano 1993. Despois de deixar a competición, adicouse á organización de eventos de motor. Faleceu en 2009 nun accidente de tráfico na Autovía do Noroeste, no que tamén perderon a vida a súa muller Begoña e un compañeiro.
Notas
Categoría:Pilotos de motociclismo de Galicia Categoría:Nados no século XX Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en Foz Categoría:Finados en 2009 Categoría:Finados en accidente de tráfico Categoría:Nados en ano descoñecido