Roberto Oya Alonso, coñecido como Cachopas, nado en Vigo cara 1902 e finado na mesma cidade o 22 de decembro de 1941, foi un obreiro e guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Metalúrxico de Lavadores. Foi detido en xullo de 1933 con Bernardo Álvarez Troncoso, Manuel Piñeiro Comesaña, Antonio Grilo Moreira e Manuel Cobas Vidal, acusados de colocar unha bomba no domicilio de Antonio Abalde Comesaña, en Santo André de Comesaña.El Pueblo Gallego, 23-7-1933, p. 12. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Reclamado por requisitoria en xuño de 1937 xunto con Álvaro Ballesteros Estévez, Guillermo Santos Caride, Eugenio González Fernández, Abraham Lloriente Sánchez, Fermín Pais Alonso e outros veciños de Lavadores fuxidos,El Pueblo Gallego, 18-6-1937, p. 2. volveu ser reclamado por requisitoria en agosto dese ano con outros veciños de Lavadores para ser xulgado na causa 194/37,El Pueblo Gallego, 3-8-1937, p. 2. e foi declarado en rebeldía. Liderou un grupo de fuxidos que comezou a actuar en agosto de 1936 por Bembrive, Candeán, na contorna viguesa e no Condado. A Garda Civil atribúelles o asalto ás casas reitorais de Sárdoma (o 25 de xullo de 1936), Candeán e Bembrive e outras vivendas daquela zona. Foi detido en 1939. Xulgado en Vigo por rebelión militar foi condenado a pena de morte. Foi executado no castelo do Castro de Vigo, ás 8 horas do 22 de decembro de 1941.El Correo Gallego, 30-12-1941, p. 6. En decembro de 1941 abríronlle expediente de responsabiliadades políticas.El Pueblo Gallego, 16-12-1941, p. 6.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas A primeira guerrilla antifranquista galega (1936-1939): un esforzo malogrado .
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Finados en 1941 Categoría:Nados en 1902 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes