Sushant Singh Rajput, nado o 21 de xaneiro de 1986 e finado o 14 de xuño de 2020, foi un actor indio.; ; ; Rajput comezou a súa carreira facendo series de televisión.; O seu primeiro papel foi no drama romántico de Star Plus Kis Desh Mein Hai Meraa Dil (2008), e o seu primeiro papel televisivo protagonista na telenovela de Zee TV Pavitra Rishta (2009–2011).

Rajput fixo o seu debut no cinema co drama Kai Po Che! (2013), polo cal recibiu un nomeamento nos Premios Filmfare ó mellor debut (masculino). Posteriormente protagonizou a comedia romántica Shuddh Desi Romance (2013) e intrepretou o papel principal no suspense Detective Byomkesh Bakshy! (2015). As súas aparicións con mellores resultados de recadación foron o papel secundario que fixo en PK (2014), seguido polo papel principal que fixo en M.S. Dhoni: The Untold Story (2016). Pola súa interpretación neste último recibiu o seu primeiro nomeamento ó Premio Filmfare ó mellor actor. Rajput converteuse nunha estrela do cinema indio grazas a éxitos comerciais como Kedarnath (2018) e Chhichhore (2019).

Rajput morreu por suicidio no seu fogar de Bandra, Bombai en xuño de 2020, con 34 anos de idade.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Actores de cinema da India Categoría:Finados en 2020 Categoría:Suicidios en 2020 Categoría:Suicidas da India