Aleksandr Stepanovich Popov (en ), nado en Turyinskiye Rudniki o 4 de marzo de 1859 e finado en San Petersburgo o 13 de xaneiro de 1906 (31 de decembro de 1905 no calendario xuliano), foi un físico ruso, unha das primeira persoas que inventou un aparato receptor de radio.
O traballo de Popov como profesor da escola naval de Rusia levouno a explorar o fenómeno da alta frecuencia eléctrica. O 7 de maio de 1895 presentou un artigo sobre un detector de raios sen fíos que construíra empregando un cohesor para detectar ruído de radio dos raios. Ese día celébrase en Rusia o Día da Radio. Nunha demostración o 24 de marzo de 1896 transmitiu sinais de radio a 250 metros entre edificios do campus de San Petersburgo. O seu traballo estaba baseado no doutro físico, Oliver Lodge, e foi contemporáneo co de Guglielmo Marconi.
Traxectoria Popov naceu en 1859 en Turyinskiye Rudniki, actual Krasnoturyinsk, nos Urais e estudou na Universidade Estatal de San Petersburgo. Foi o inventor da antena e con ela puido facer transmisións de ondas electromagnéticas a distancia.
Dende 1890 continuou os experimentos de Hertz. Construíu o seu primeiro receptor de radio en 1894 e posteriormente presentouno ante a Sociedade Rusa de Física e Química. Dende 1901 foi profesor do Instituto Electrotécnico.
Honras En 1945, no 50 aniversario do experimento de Popov, a Unión Soviética converteu o 7 de maio nun día festivo, o Día da Radio, día en que afirman que inventou a radio. Os historiadores indican que esta festa puido ser máis debido á política da guerra fría máis que por evidencias históricas.Sungook Hong, Wireless: From Marconi's Black-box to the Audion, page 1 O Día da Radio continúa a ser oficial en Rusia e Bulgaria.
Un planetoide, 3074 Popov, descuberto pola astrónoma soviética Lyudmila Zhuravlyova en 1979, recibiu o seu nome.Dictionary of Minor Planet Names, 2003, vol.1, páx.253
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Alexander Popov: Russia's Radio Pioneer de James P. Rybak Ligazóns externas Short biographies of Popov Lightning detector and radiostations of Popov's design: history of manufacturing Tumba de A. Popov
Categoría:Nados no óblast de Sverdlovsk Categoría:Nados en 1859 Categoría:Finados en 1906 Categoría:Físicos de Rusia Categoría:Inventores de Rusia Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de San Petersburgo