O río Tocantins é un río do Brasil, arteria fluvial central do país. En lingua tupí, o seu nome significa "peteiro do tucano" (Tukã="tucano" e Ti="peteiro"). Percorre de sur a norte uns 2450 km. Non é propiamente un afluente do río Amazonas, xa que as súas augas chegan ao océano Atlántico ao mesmo tempo que as do Amazonas. Flúe por catro estados brasileiros (Goiás, Tocantins, Maranhão e Pará) e dá nome a un dos estados máis recentes, formado en 1988 na porción norte de Goiás.
O Tocantins é un dos río de augas claras máis longos de Suramérica.
Fauna A cunca do Tocantins, que inclúe o río Araguaia) é o fogar de varios grandes mamíferos acuáticos, como o manatí Trichechus inunguis, os golfiños Inia araguaiaensis e Sotalia fluviatilis, e de grandes réptiles como o caimán negro, o caimán común e a tartaruga Podocnemis unifilis.Provete, D.B. (2013). Tocantins River. 1237-1239
A cunca ten unha gran riqueza de especies de peixes, aínda que é relativamente baixa para os estándares amazónicos. Rexistráronse máis de 350 especies, incluídos máis de 175 endemismos.Hales, J., and P. Petry: Tocantins - Araguaia. Freshwater Ecoregions of the World. Consultado o 26 de maio de 2014 As familias máis ricas son Characidae, Loricariidae e rivúlidos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Mapa da cunca
Categoría:Ríos do Brasil