Derartu Tulu (en amhárico: ደራርቱ ቱሉ; en oromo: Daraartuu Tulluu) nada o 21 de marzo de 1972, é unha atleta etíope de longa distancia, que competiu en probas de pista, campo, estrada e distancia de maratón. Foi dúas veces campioa olímpica nos 10.000 m lisos, en Barcelona 1992 e Sydney 2000. Foi tres veces campioa do mundo de campo a través nos anos 1995, 1997 e 2000, sendo a primeira africana en gañar unha medalla nestes campionatos coa súa prata en 1991.
Traxectoria Naceu en Bekoji, nas terras altas da provincia de Arsi, na mesma aldea de onde procede Kenenisa Bekele, o gran dominador das probas de fondo en categoría masculina. Ademais é curmá das irmás Tirunesh, Ejegayehu e Genzebe Dibaba, tres grandes atletas que destacaron despois dela e coas que competiu en varias ocasións. É a sétima dunha familia de dez irmáns. Comezou a salientar nas carreiras que se organizaban na súa escola, onde gañaba aos rapaces da súa idade. Logo participou en carreiras de eido nacional, tamén con bos resultados.
En 1989, participou na súa primeira competición internacional, os Campionatos Mundiais de campo a través en Stavanger, Noruega, onde acabou no posto 23º. Posteriormente, na edición de 1992 celebrada en Anveres, gañou a medalla de prata, converténdose na primeira africana en gañar unha medalla nestes campionatos.
A súa primeira gran competición en pista foron os Mundiais de Tokyo en agosto de 1991, onde acabou na 8ª posición nos 10.000 m con tan só 19 anos.
O ano seguinte produciuse a súa consagración nos Xogos Olímpicos de 1992, cando gañou o ouro nos 10.000 m,Robbins, Liz (2009-11-01). Tulu Wins as Radcliffe Struggles to Fourth. New York Times. Consultado o 2 de xullo de 2016. converténdose na primeira muller da África subsahariana en gañar unha medalla de ouro olímpica. Nesta carreira, deu unha volta de honra xunto coa subcampioa Elana Meyer, de Suráfrica, simbolizando o triunfo de África e a fin do apartheid tamén no deporte.
Notas
Categoría:Nados en 1972 Categoría:Atletas olímpicos de Etiopía Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Etiopía Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Etiopía Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2004