Laura Chinchilla Miranda, nada en San Xosé o 28 de marzo de 1959, é unha política costarriqueña que foi presidenta do país entre 2010 e 2014. Foi unha das dúas vicepresidentas e ministra de xustiza na administración de Óscar Arias. Foi a candidata do PLN nas eleccións de 2010, onde gañou co 46,76% dos votos o 7 de febreiro. Foi a oitava muller presidenta de Latinoamérica e a primeira muller que tivo ese posto en Costa Rica. Xurou como presidenta o 8 de maio de 2010.Economist.comSkard, Torild (2014) "Laura Chinchilla" in Women of power - Half a century of female presidents and prime ministers worldwide, Bristol: Policy Press , páx. 238-40

Trala carreira política deu clases na Universidade de Georgetown e foi codirectora do think tank do Diálogo Interamericano.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Portal de información non oficial Biography by CIDOB Foundation

Categoría:Nados en Costa Rica Categoría:Nados en 1959 Categoría:Presidentes de Costa Rica