O barrio ou lugar da Ponte está situado na parroquia de Mañufe, Gondomar, comarca do Val Miñor. O seu nome vén dado pola ponte románica que une este lugar coa Texosa. Atópase a 1 km da vila de Gondomar e a 45 metros sobre o nivel do mar. Segundo o INE en 2019 tiña 34 persoas empadroadas (20 homes e 14 mulleres). esquerda|miniatura|Ponte de Mañufe sobre o río Miñor. esquerda|miniatura|Os Conguidos, campo de cultivo de viñas e hortas familiares. Topónimo recollido polo historiador Anxo Rodríguez Lemos.

Xeografía O territorio ten como límite norte o río Miñor, ao leste O Campo das Bestas, ao oeste O Verdeal e ao sur A Moreira. A meirande parte das terras de cultivo están espalladas na ribeira sur do Miñor atravesadas polo Camiño das Ribeiras ao leste e O Camiño do Lameiro até o cruzamento co Camiño do Verdal cara ao oeste.

A maior parte destas leiras están ocupadas por cultivos familiares de viñas, millo, patacas e pequenas hortas. O lugar ten un total de 24 vivendas construídas.

Patrimonio Ponte de Mañufe

A ponte de Mañufe, que cruza o Miñor, é de orixe románica. Ten colocada unha inscrición co ano 1140 nun dos seus perpiaños.. Está en discusión se a actual ponte se atopa no lugar doutra máis antiga de orixe romana.

Trala recollida de toponimia levada adiante polo historiador Anxo Rodríguez Lemos, tamén foron recuperadas as localizacións doutras pequenas pezas patrimoniais, como un pequeno xogo de birlos no que hoxe é o aparcadoiro dun centro hostaleiro.

Ademais, recuperouse e foron obxecto de xeolocalización, un conxunto de casas tradicionais de valor etnográfico, entre elas A Casa Soleiro, A Casa da Moucha e A Casa do Xulián.

Notas

Lugares e parroquias Lugares de Mañufe

Parroquias de Gondomar

Categoría:Lugares de Gondomar Categoría:Mañufe, Gondomar