A larpeira é unha sobremesa da cociña galega que consiste nunha especie de bola doce con almibre e adornada con crema pasteleira. Os ingredientes principais desta torta son a fariña, o leite e os ovos. É típica das festas de san Xoán.Larpeira
Esta sobremesa é típica da zona de Ferrolterra, da Coruña e tamén de Monforte de Lemos.
A larpeira ten moitas semellanzas coa coca de Sant Joan que se fai en Cataluña.Larpeira gallega
Características A base desta torta é unha bola doce adornada con crema pasteleira e emborrachada con almibre. Os ingredientes da bola son: azucre, leite, ovos, manteiga, fariña e crema pasteleira.
A larpeira ten máis traballo que outras sobremesas porque hai que preparar un prefermento, traballar con coidado a masa e despois hai que deixar que medre unhas catro horas máis. Mentres se espera a que a masa fermente, o habitual é preparar a crema pasteleira e o almibre para ir adiantando tempo.Tradición dulce de andar por casa
Notas
Véxase tamén Outros artigos Torta de Mondoñedo Torta de Guitiriz Torta de Santiago Mantecadas Bola do patrón Bola de nata Calleiro de Noia Follas de limón Proia de Pontedeume
Categoría:Sobremesas e doces de Galicia Categoría:Biscoitos e tortas