miniatura|Representación artística, realizada en 1849, do encontro das delegacións para a sinatura do Tratado de Sugauli miniatura|300x300px|Efectos territoriais do Tratado de Sugauli. miniatura|300x300px|Mapa de Hindostán ou India (1814) por Mathew Carey. O Tratado de Sugauli estableceu a liña fronteiriza do Nepal tras a guerra anglo-nepalesa de 1814-16. O acordo entre a Compañía Británica das Indias Orientais e o reino do Nepal asinouse o 2 de decembro de 1815. Non obstante, as autoridades nepalesas non o ratificaron e as hostilidades recomezaron en xaneiro de 1816. Finalmente, ratificouse o 4 de marzo de 1816.
Contexto Tras a unificación do Nepal baixo Prithvi Narayan Shah, o novo reino intentou ampliar os seus dominios, coa conquista de boa parte de Sikkim ao leste mentres no oeste expandiuse polas bacías do Gandaki e Karnali mais nas rexións de Garhwal e Kumaon de Uttarakhand. Esta actividade levou a que Nepal entrase en conflito cos británicos, que controlaban directa ou indirectamente as chairas do norte da India entre Delhi e Calcuta. Sucedéronse entre 1814 e 1816 unha serie de campañas coñecidas como guerra anglo-nepalesa. En 1815, o xeneral británico David Ochterlony expulsou os nepaleses de Garhwal e Kumaon ata a outra beira do río Kali, finalizando os seus doce anos de ocupación, período recordado pola súa brutalidade e represión.
Octherlony ofreceu un tratado de paz aos nepaleses esixindo o establecemento dun representante británico permanente na capital e a delimitación do territorio nepalés que levaba aparellada a cesión de territorio aos británicos. A negativa nepalesa a acceder a esas condicións levou a outra campaña no val de Katmandú no ano seguinte e á ratificación do tratado polo goberno nepalés.
Termos do acordo Nepal tivo que ceder aos británicos todos os territorios que conquistara ao oeste e ao leste Nepal, renunciar a calquera reclamación sobre a disputada rexión de Terai e aceptar un representante permanente británico en Katmandú porén a diferenza dos estados indios, Nepal mantivo a súa independencia e non se converteu nun protectorado británico. O manuscrito orixinal do tratado permanece desaparecido.
Disputas persistentes Ningún goberno nepalés reclamou os territorios perdidos pero hai pequenos grupos que reclaman que a India devolva esas rexións.Existen reclamacións territorias por pequenas zonas fronteirizas por non concordaren os gobernos nepalés e indio na interpretación do tratado, as máis significativas son os territorios de Susta e Kalapanique entre os dous cobren uns 40 km desa fronteira.
Notas
Bibliografía
Ligazóns externas Tratado e documentos relacionados
Sugauli Categoría:Nepal