Gun dan ba! Zhong liu jun (en ) é un filme chinés de 2015 dirixido por Han Yan. Baséase na vida da artista de banda deseñada Xiong Dun, quen despois de ser diagnosticada con cancro creou un webcomic que se converteu nunha sensación na China. Xiong morreu en 2012 con 30 anos de idade. Está protagonizado por Bai Baihe e Daniel Wu, o filme estreouse o 13 de agosto de 2015 e converteuse nun éxito de recadación.

O filme foi escollido como candidato da China para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 88ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes Bai Baihe como Xiong Dun Daniel Wu como doutor Liang Zhang Zixuan como Amy Li Yuan como Xia Meng Liu Ruilin como Xiao Xia Cheng Yi como Lao Zheng Li Jianyi como pai de Xiong Dun Liu Lili como nai de Xiong Dun Shen Teng como exmozo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes da China propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 88ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes da China Categoría:Filmes dirixidos por Han Yan Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX