miniatura|200px|Lanzamento de IGS Optical 3. Intelligence Gathering Satellite ou Information Gathering Satellite, coñecidos tamén polo seu acrónimo IGS, é unha serie de satélites de recoñecemento xaponeses. Os satélites IGS poden ser ópticos, con cámaras para observar a Terra (denominados IGS-Optical), ou de radar (denominados IGS-Radar). Son satélites coa maior parte das súas características clasificadas e que teñen entre un dos seus principais obxectivos o seguimento da actividade militar norcoreana.

IGS-Optical 1 e 2 Construídos por Mitsubishi Electric, teñen unha masa de 850 kg e suponse que teñen unha resolución de 1 metro. Foron lanzados o 28 de marzo de 2003]] e o 11 de setembro de 2006 respectivamente, mediante foguetes H-IIA. A segunda unidade foi lanzada orixinalmente o 29 de novembro de 2003 e destruída durante o lanzamento, polo que tivo que ser substituída.

IGS-Radar 1 e 2 Foron os primeiros satélites de recoñecemento por radar da serie IGS. Fabricados por Mitsubishi Electric, tiñan unha esperanza de vida de 5 anos e unha masa de 1200 kg. Usaban un radar de apertura sintética cunha resolución probable de 3 metros. Foron lanzados xuntos cos seus homólogos ópticos o 28 de marzo de 2003 e o 11 de setembro de 2006, coa segunda unidade igualmente destruída no lanzamento do 29 de novembro de 2003 e tendo que ser substituída máis tarde.

IGS-Optical 3V IGS-Optical 3V é un satélite experimental da serie IGS para probar novas tecnoloxías de cara novos modelos. Foi lanzado o 24 de febreiro de 2007 mediante un H-IIA.

IGS-Optical 3 e 4 OS IGS-Optical 3 e 4 son a segunda xeración de satélites IGS. Foron lanzados o 28 de novembro de 2009 e o 23 de setembro de 2011 a bordo de H-IIA. O IGS-Optical 3 deixou de funcionar en setembro de 2017 debido a problemas no sistema de enerxía.

IGS-Optical 5V IGS-Optical 5V é un prototipo para a terceira xeración de satélites IGS. Pénsase que tiña unha resolución de 40 cm.

IGS-Radar 3, 4, 5, 6, 7 e 8 e de reposto OS IGS-Radar de 3 a 8 máis a unidade de reposto son a segunda xeración de satélites IGS de radar. Teñen unha resolución de menos de 1 metro e foron lanzados entre 2011 e 2024, sempre mediante foguetes H-IIA.

IGS-Optical 5, 6, 7 e 8 OS IGS-Optical 5, 6, 7 e 8 son a terceira xeración de satélites IGS. Foron lanzados entre 2015 e 2024, todos mediante foguetes H-IIA. Teñen unha resolución de ata 40 cm e úsanse tanto para recoñecemento como para monitorización de desastres naturais.

Historial de lanzamentos

Misión Data de lanzamento Foguete lanzador NotasIGS-Optical 128 de marzo de 2003H-IIAÉxitoIGS-Radar 128 de marzo de 2003H-IIAÉxitoIGS-Optical (2)29 de novembro de 2003H-IIAFalloIGS-Radar (2)29 de novembro de 2003H-IIAFalloIGS-Optical 211 de setembro de 2006H-IIAÉxitoIGS-Radar 211 de setembro de 2006H-IIAÉxitoIGS-Optical 3V24 de febreiro de 2007H-IIAÉxitoIGS-Optical 328 de novembro de 2009H-IIAÉxitoIGS-Optical 423 de setembro de 2011H-IIAÉxitoIGS-Radar 312 de decembro de 2011H-IIAÉxitoIGS-Optical 5V27 de xaneiro de 2013H-IIAÉxitoIGS-Radar 427 de xaneiro de 2013H-IIAÉxitoIGS-Radar de reposto1 de febreiro de 2015H-IIAÉxitoIGS-Optical 526 de marzo de 2015H-IIAÉxitoIGS-Radar 517 de marzo de 2017H-IIAÉxitoIGS-Optical 627 de febreiro de 2018H-IIAÉxitoIGS-Radar 612 de xuño de 2018H-IIAÉxitoIGS-Optical 79 de febreiro de 2020H-IIAÉxitoIGS-Radar 726 de xaneiro de 2023H-IIAÉxitoIGS-Radar 826 de xaneiro de 2023H-IIAÉxitoIGS-Optical 812 de xaneiro de 2024H-IIAÉxitoIGS-Radar 826 de setembro de 2024H-IIAÉxito

Notas

Véxase tamén Outros artigos H-IIA

Categoría:Satélites artificiais