Il a déjà tes yeux é un filme franco-belga de 2016 dirixido por Lucien Jean-Baptiste.

Sinopse Paul e Sali son unha parella de franceses afrodescendentes (el de Martinica e ela de orixe senegalesa) que non pode ter fillos biolóxicos e levan agardando moito tempo para poder adoptar. Finalmente Sali recibe unha chamada na que lle din que a súa solicitude de adopción foi aceptada e que hai un meniño branco de catro meses chamado Benjamin agardando por eles. Parece que nada podería ir mal, agás polo feito de que os pais de Sali non aceptan que o seu neto sexa branco, e a traballadora social Claire Mallet fará todo o que estea na súa man para evitar formalizar a adopción despois do período de proba.

Personaxes Lucien Jean-Baptiste como Paul Aloka Aïssa Maïga como Salimata Aloka Zabou Breitman como Claire Mallet Vincent Elbaz como Manu Michel Jonasz como Monsieur Vidal Naidra Ayadi como Anna Marie-Philomène Nga como Mamita Bass Dhem como Ousmane Delphine Théodore como Prune Sabine Pakora como Madame Diakité

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia