Bienvenue à Marly-Gomont é un filme francés de 2016 dirixido por Julien Rambaldi. Está protagonizado por Marc Zinga e Aïssa Maïga. Trata sobre a vida do pai do cantante Kamini Zantoko após se instalar coa súa familia en Francia.
Sinopse En 1975, despois de graduarse como doutor na universidade de Lille, Seyolo Zantoko decide mudarse coa súa familia a Francia dende Zaire (a actual República Democrática do Congo) para traballar como médico e obter así a cidadanía francesa.
Por mor dun malentendido coa súa dona e os seus fillos, que crían ir vivir a París, chegan á pequena vila rural de Marly-Gomont (en Aisne), o que lles causará moita desilusión e problemas, xa que estaban afeitos ás comodidades dunha capital como Kinshasa. A situación agravarase polo comportamento racista dos veciños, xa que son a única familia de orixe africana. Seyolo tenterá integrarse na comunidade para gañar a súa confianza e que lle deixen exercer como médico.
Personaxes Marc Zinga como Seyolo Zantoko Aïssa Maïga como Anne Zantoko Bayron Lebli como Kamini Zantoko Médina Diarra como Sivi Zantoko Rufus como Jean Jonathan Lambert como Lavigne Mata Gabin como Mado Sylvestre Amoussou como tío Beki Riton Liebman como mestre de condución
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes sobre temas raciais