El aviso é un filme español de 2018 de suspense dirixido por Daniel Calparsoro e está protagonizado por Raúl Arévalo, Belén Cuesta, Aura Garrido, Aitor Luna e Hugo Arbúes.. Baséase na novela homónima, escrita por Paul Pen.
Sinopse O filme conta a historia de Jon (Raúl Arévalo), un mozo obsesionado cos números que tenta resolver un complexo enigma matemático. A solución do mesmo podería explicar unha serie de misteriosas mortes ocorridas nun mesmo lugar e que, ó parecer, gardan varios padróns en común. De dar co resultado, destaparía unha trama enfermiza de asasinatos e axudaría a Nico, un mozo de dez anos que recibiu unha carta con ameazas de morte.
Personaxes Raúl Arévalo como Jon Hugo Arbúes como Nico Belén Cuesta como Andrea Aitor Luna como Pablo Aura Garrido como Lucía Antonio Dechent como Héctor Sergio Mur como David Luis Callejo como Lisandro Julieta Serrano como Asunción Máximo Pastor como Diego
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Daniel Calparsoro Categoría:Filmes de Morena Films