María José Domínguez Vázquez, nada en 1972 nas Pontes de García Rodríguez, é unha filóloga e profesora universitaria galega.

Traxectoria Foi a primeira doutora europea en Filoloxía Alemá de Galicia e Premio Extraordinario de Doutoramento. "María José Domínguez Vázquez Una gallega, primera española del prestigioso instituto IdS- Mannheim" Dende 2008 é profesora de Gramática Alemá na Universidade de Santiago de Compostela.Máster Erasmus Mundus en Lexicografía en Santiago de Compostela Dende 2017 ata 2020 foi vicedecana da Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela.. É catedrática da Universidade de Santiago de Compostela dende o 2023.

Os seus campos de investigación son a Lingüística Alemá, a Semántica e a Lexicografía e a Xeración da Linguaxe Natural.

Coordina o Mestrado Erasmus Mundus en Lexicografía (EMLex), impartido por un Consorcio de 16 institucións internacionais. Lidera diferentes grupos de investigación nacionais e internacionais, os cales desenvolveron proxectos de referencia, como, por exemplo, PORTLEX, MultiGenera, MultiComb e ESMAS-ES+ .

Entre os recursos actuais máis salientables destacan os xeradores da linguaxe natural: Xera ofrece datos sobre a estrutura dos nomes en español, alemán e francés, XeraWord amosa combinacións nominais para o portugués e o galego, Combinatoria aporta frases nominais en tres linguas (alemán, francés e español) e CombiContext achega o contexto frasal e oracional para substantivos.

Traballa tamén en lingüística contrastiva, didáctica da lexicografía, usuario e información dixital e no campo da lexicografía colaborativa e cidadá, no que destaca o dicionario Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography un recurso en construción en aberto.

Obras Studies on multilingual lexicography (ed. con Carlos Valcárcel Riveiro e Mónica Mirazo Balsa). Berlín: De Gruyter, 2020. Interacción entre gramática, didáctica y lexicografía: Estudios contrastivos y multicontrastivos (ed. con Silvia Kutscher). Berlín: De Gruyter, 2017. Lexicografía y didáctica. Diccionarios y otros recursos lexicográficos en el aula (ed. con María Teresa Sanmarco Bande). Frankfurt: Peter Lang, 2017. Neue Wege zur Verbvalenz. Theoretische und methodologische Grundlagen (con Ulrich Engel e Gemma Paredes Suárez). Frankfurt: Peter Lang, 2017. Neue Wege zur Verbvalenz. Deutsch-spanisches Valenzlexikon (con Ulrich Engel e Gemma Paredes Suárez). Frankfurt: Peter Lang, 2017. Lexicografía de las lenguas románicas II. Aproximaciones a la lexicografía moderna y contrastiva (ed. con Carlos Valcárcel Riveiro, Xavier Gómez Guinovart). Berlín: De Gruyter, 2015. Kontrastive Grammatik und Lexikographie: spanisch-deutsches Valenzwörterbuch des Nomens”. Múnich: Iudicium, 2011.

Publicacións en revistas científicas "Was sind Valenzwörterbücher?". En Sprachwissenschaft, 43(3), pp. 309-342. 2018. "Recursos lexicográficos electrónicos multilingües y plurilingües: definición y clasificación tipológico-descriptiva". En Revista Internacional de Lenguas Extranjeras / International Journal of Foreign Languages, 1(10), pp. 49-74. DOI: 10.17345/rile10.49-74. 2019. "Zur Darstellung eines mehrstufigen Prototypbegriffs in der multilingualen automatischen Sprachgenerierung: vom Korpus über word embeddings bis hin zum automatischen Wörterbuch". En Lexikos, 31(1), pp. 1-31. DOI: 10.5788/31-1-1623. 2021. "Estructura argumental del nombre: Generación automática". En Revista Signos, 55(110), pp. 732-761. DOI: 10.4067/S0718-09342022000300732. 2022. "Contribución de la semántica combinatoria al desarrollo de herramientas digitales multilingües". En Círculo de lingüística aplicado a la comunicación, 90, pp. 171-188. DOI: 10.5209/clac.73849. 2022.

Vida persoal É filla do futbolista, adestrador e xornalista José Manuel Domínguez Canosa.

Notas

Categoría:Nados nas Pontes de García Rodríguez Categoría:Nados en 1972 Categoría:Filólogos de Galicia Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela