Kevin Anthony Ford, nado en Portland (Indiana) o 7 de xullo de 1960, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-128 e Soiuz TMA-06M, e ademais foi membro das expedicións 33 e 34 á Estación Espacial Internacional.
Traxectoria Ford graduouse en enxeñería aeroespacial pola Universidade de Notre Dame en 1982 e é máster en Relacións Internacionais pola Universidade do Estado de Troy en 1989, máster en enxeñería aeroespacial pola Universidade de Florida en 1994 e doutor en enxeñería astronáutica polo Instituto de Tecnoloxía da Forza Aérea en 1997.
Foi seleccionado pola NASA como astronauta en agosto de 2000, participando nas misións STS-128 e Soiuz TMA-06M e sendo membro das Expedicións 33 e 34 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 157,55 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-128 Soiuz TMA-06M Expedición 33 Expedición 34
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados en Indiana