Colin Michael Foale, nado en Louth (Reino Unido) o 6 de xaneiro de 1957, é un astronauta británico-estadounidense retirado que formou parte das misións STS-45, STS-56, STS-63, STS-84, STS-86, STS-103 e Soiuz TMA-3, e ademais foi membro da Expedición 8 á Estación Espacial Internacional.
Traxectoria Foale graduouse en física pola Universidade de Cambridge en 1978, completando o seu doutoramento en astrofísica nos Laboratorios Cavendish en 1982.
Foi seleccionado pola NASA como astronauta en xuño de 1987, participando nas misións STS-45, STS-56, STS-63, STS-84, STS-86, STS-103 e Soiuz TMA-3, e sendo membro da Expedición 8 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 373,760 días no espazo. Retirouse da NASA en 2013.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-45 STS-56 STS-63 STS-84 STS-86 STS-103 Soiuz TMA-3 Expedición 8
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Lincolnshire Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge