Michael James Foreman, nado en Columbus (Ohio) o 29 de marzo de 1957, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-123 e STS-129.

Traxectoria Foreman graduouse en enxeñería aeroespacial pola Academia da Armada dos Estados Unidos en 1979 e é máster en enxeñería aeronáutica pola Escola de Posgraduados da Armada dos Estados Unidos en 1986.

Foi seleccionado pola NASA como astronauta en xuño de 1998, participando nas misións STS-123 e STS-129. Pasou un total de 26,56 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-123 STS-129

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Columbus, Ohio