Xosé Miguel Alonso Boó, máis coñecido como Miguel Boó, nado en Donostia o 13 de xullo de 1955, é un xornalista galego.

Traxectoria Licenciado Ciencias da Información pola Universidade de Navarra, foi redactor xefe do Diario de Galicia e dirixiu o Diario 16 de Galicia e a súa Biblioteca de Autores Galegos.

Foi presidente da Asociación da Prensa de Santiago, director de teatro e fundador, cantante e compositor do grupo musical Esguince de Frenillo, máis recentemente rebautizado como Esguince Paleo Rock Band.Esguince Paleo Rock Band en Blogspot.

En decembro de 2006 fundou a Asociación Galega de Amizade con Israel, da que é secretario xeral. En maio de 2012 doutorouse en comunicación pola Universidade de Vigo."Xosé Miguel Alonso Boó" galegos.galiciadigital.com.

Obras Abreviatura : (abreviatura autista de Deus) (2006). Edicións Lea. ISBN 978-84-95444-72-1. "La correspondencia gallega" e o desastre do 98. De cómo os pontevedreses viviron a perda de Cuba e Filipinas (2007). Deputación de Pontevedra. ISBN 978-84-8457-284-8. La mala prensa del eucalipto (2012), tese de doutoramento dirixida por Enrique Valero Gutiérrez del Olmo. UVigo.La mala prensa del eucalipto Universidade de Vigo. La mala prensa del eucalipto (2015). Deputación de Pontevedra. ISBN 978-84-8457-437-8. Manuel Rieiro: cómo conquisté Brasil: memorias de un camino alfombrado de flores (2015), autoedición. ISBN 978-84-608-3057-3. Suso Vaamonde voz de trebón: o músico rebelde que popularizou a poesía galega (2019). Galicia en el Mundo. ISBN 978-84-09-08818-8.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Soy periodista, me rindo blog de Miguel Boo en Blogger.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en 1955 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Nados en Donostia Categoría:Alumnos da Universidade de Navarra