Javier Piñeiro Pérez, nado en Caldas de Reis, é un expiloto galego de rally. Foi campión de Galicia de rally na tempada 1997. Competiu tamén no Campionato de España, onde gañou o Trofeo Citroën no ano 2000.
É irmán do tamén expiloto Fernando Piñeiro.
Traxectoria Comezou a destacar na tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally, pilotando un Peugeot 205. En 1991, cun Renault Clio 16V, logrou dous segundos postos, no Rally de Vigo e o Rally Mil Vistas, e gañou a Copa Renault Clio. En 1992 correu cun Lancia Delta Integrale 16V e en 1994 logrou no Rally de Noia a súa primeira vitoria, conducindo un Clio.
Tamén cun Clio proclamouse campión galego en 1997 despois de lograr catro vitorias e un segundo posto nas cinco primeiras carreiras. Na tempada seguinte disputou o Campionato de España co mesmo vehículo e en 1999 fixo o propio cun Citroën Saxo VTS.
Palmarés
Resultados no Campionato de Galicia AnoVehículo1234567891011PosiciónPuntos1991Renault Clio 16VSIL6NOI5LACOURBOTRBX9CORVIG2SFR5RMV2FER1992Lancia Delta Integrale 16VALB4NOI4LACFERRBX2COR4OURRetRMV1994Renault Clio WilliamsALBNOI1FER4OURRetSFR9RMVNARRetRBXRetLAC6BOTCOR1995Citroën ZX 16VALB2NOI3LAC4OUR28BOT5NAR7RBX3SFRCORFER1997Renault Maxi ClioNOI1BOT1LAC2NAR1COC1ALB3FER1º1998Renault Maxi ClioNOIBOTCOCNARALB1FERLAC1999Citroën Saxo VTSCOCBOT2NARALBLUGFERNOI
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Javier Piñeiro en ewrc-results.com .
Categoría:Nados en Caldas de Reis Categoría:Pilotos de rally de Galicia Categoría:Nados no século XX Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes