Edward Michael "Mike" Fincke, alcumado tamén como Spanky, nado en Pittsburgh (Pensilvania) o 14 de marzo de 1967, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-134, Soiuz TMA-13 e Soiuz TMA-14 e que foi membro da Expedición 9 e da Expedición 18 á Estación Espacial Internacional.

Traxectoria Fincke graduouse en aeronáutica e astronáutica pola Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) en 1989, así como en ciencias planetarias, atmosféricas e da Terra. É máster en aeronáutica e astronáutica pola Universidade Stanford en 1990.

Foi seleccionado pola NASA como astronauta en abril de 1996, participando nas misións STS-134, Soiuz TMA-13 e Soiuz TMA-14, así como nas Expedicións 9 e 18 á Estación Espacial Internacional.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-134 Soiuz TMA-13 Soiuz TMA-14 Expedición 9 Expedición 18

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Pittsburgh, Pensilvania