Francisco José Pereira de Almeida Viegas, nado en Pocinho (Vila Nova de Foz Côa) o 14 de marzo de 1962 é un xornalista, escritor e editor portugués.

Traxectoria Viviu até aos oito anos nas aldeas de Pocinho (hoxe a última paraxe ferroviaria do Douro), e de Cedovim, e mudouse para Chaves cando os pais foron alí destinados como profesores do Ensino Primario. Na Facultade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa obtivo en 1983 a súa licenciatura en Linguas e Literaturas Modernas, variante de Estudos Portugueses. Terminada a carreira, dedicouse ao xornalismo, mais tamén foi asistente de Lingüística, na Escola de Ciencias Sociais da Universidade de Évora, até 1987.

Ao longo da súa carreira como xornalista, Francisco José Viegas colaborou en numerosos títulos da prensa portuguesa -Jornal de Letras, Expresso, Semanário, O Liberal, O Jornal, Se7e, Diário de Notícias, O Independente, Record, Visão, Notícias Magazine, Elle, Volta ao Mundo e Oceanos-; foi director das revistas Ler e Grande Reportagem, así como da Gazeta dos Desportos, alén de editor da revista Oceanos. Co pseudónimo António Sousa Homem escribiu desde hai tempo as “crónicas de um reaccionário minhoto”.

Tamén tivo unha presenza regular na televisión -foi autor e presentador dos programas Escrita em Dia (SIC), Falatório (RTP2), Ler Para Crer (RTP2), Prazeres (RTP1), Um Café no Majestic (RTP2), Primeira Página (RTP1), Livro Aberto (RTP-N), Nada de Cultura (TVI24), sendo axiña un dos elementos fixos do programa A torto e a dereito na TVI24. Foi omentador regular na CMTV e, desde 2008, columnista diario do Correio da Manhã. Na radio, sendo comentador da TSF, presentou a versión radiofónica de Escrita en Día, na Antena 1.

Alén do xornalismo, Francisco José Viegas ocupa un lugar entre os autores da literatura portuguesa de finais do século XX e inicios do século XXI, publicando obras de poesía, novela, conto, unha peza de teatro e relatos de viaxes. Ademais, a súa obra está publicada noutros países, na Europa e na América Latina, Brasil, Francia, República Checa, Serbia, Alemaña, Italia e Colombia. O melancólico Inspector Jaime Ramos, personaxe das súas novelas, pasou a facer parte do imaxinário da literatura policial, á par de detectives famosos como Philipe Marlowe, Hercule Poirot, Comisario Maigret ou o Delegado Espinosa.

Como editor, é director da Quetzal. Home relixioso, abandonou o catolicismo da súa tradición familiar e aproximouse ao judaísmo, relixión dos seus antepasados, numerosos en Vila Nova de Foz Côa.

Francisco José Viegas amosouse partidario de acrecentar os contactos persoais e institucionais entre Portugal e Galicia, sobre todo nos ámbitos cultural e literario.

Traxectoria política Tivo responsabilidades públicas como director da Casa Fernando Persoa, cargo que lle atribuíu o antigo Alcalde de Lisboa, António Carmona Rodrigues, en 2006. En 2008 deixou esa función para regresar á dirección da revista Ler, onde se mantivo até 2011. Este ano iniciou un camiño na política, que o levaría ao goberno de Pedro Passos Coello, mais dimitiu o ano seguinte, en 2012.

Precisamente en 2011 -e na secuencia das eleccións lexislativas de xuño dese ano-, Francisco José Viegas foi elixido deputado polo Partido Social Demócrata - a pesar de non ser militante- dpor Bragança. Logo de seguida. Axiña foi nomeado Secretario de Estado da Cultura do XIX Goberno Constitucional órgano que, desde Manuel Maria Carrilho, tivera o grao político de Ministro. Cuestionado polo Correio da Manhã sobre a nova orgánica respondeu: "Iso" [o fin do Ministerio da Cultura] "baséase nun prexuízo ideolóxico e é moi difícil perdelo. A Secretaría de Estado ten dúas centésimas máis do total do Orzamento do que o Ministerio tiña, mais iso non o ven significativo". O 25 de outubro de 2012, porén, foi informada a saída de Francisco José Viegas do goberno, a petición propia, e por "razóns graves de saúde".

En febreiro de 2013 saltou a polémica ao publicar un texto no seu blog, A Origem das Espécies, onde criticaba severamente a intención de multar quen non pedise facturas detalladas.

Obras Poesía O Verão e Depois (1978) Fascínio da Monotonia (1982) Olhos de Água (1983) Paisagens, Caligrafias (1983) As imagens (1987). Editorial Caminho. 88 pp. Todas as coisas (1988). Editorial Caminho. 136 pp. Poemas (1988) O Medo do Inverno Seguido de Poemas Irlandeses (1994). Editorial Caminho. 72 pp. Metade da Vida (2002). 2.ª ed. revisada en 2004. Ed. 2007 en A Esfera dos Livros, 272 pp. O Puro e o Impuro (2003). Quasi Edições. 56 pp. A Noite o Que É? (2007). Quasi Edições. 80 pp. Se me Comovesse o Amor (2008). Quasi Edições. 56 pp. Naquela Língua - Cem Poemas e Alguns mais. Antologia da Novíssima Poesia Brasileira (2017). Elsinore. 128 pp. Juncos à Beira do Caminho (2018). Editorial Caminho. 96 pp. Deixar um Verso a Meio (2019). Imprensa Nacional Casa da Moeda. 398 pp.

Narrativa

Regresso por um Rio (1987). Publicações Europa-América. 156 pp. (Nova edición revisada polo autor, 2017, en Porto Editora) Crime em Ponta Delgada (1989). Publicações Europa-América. 212 pp. Morte no Estádio (1991). Ed. 2002 en Edições Asa. 288 pp. As Duas Águas do Mar (1992). Ed. de 2013 en Porto Editora. 360 pp. Um Céu Demasiado Azul (1995). Ed. de 2013 en Porto Editora. 320 pp. Um Crime na Exposição (1998). Ed. de 2015 en Porto Editora. 266 pp Um Crime Capital (2001). Porto Editora. 200 pp. Lourenço Marques (2002). Porto Editora. 208 pp. [no Brasil publicada co título A Luz do Índico'] Longe de Manaus (2005). Ed. 2013 en Porto Editora. 480 pp. O Mar em Casablanca (2009). Porto Editora. 240 pp. O Colecionador de Erva (2013). Porto Editora. 312 pp. A Poeira que Cai Sobre a Terra e Outras Histórias de Jaime Ramos (2016). Porto Editora. 256 pp. A Luz de Pequim (2019). Porto Editora. 400 pp.

Infantil

A Brasileira de Prazins de Camilo Castelo Branco (2008). Adaptación de Francisco José Viegas. Ilustración de Sandra Serra. Quasi Edições. 30 pp. Se Eu Fosse... Nacionalidades (2010). Booksmile. 32 pp.

Teatro

O Segundo Marinheiro (1988). Vega. 49 pp.

Crónicas

Algumas Distracções (2006). Quasi Edições. 224 pp. Um Liberal à Moda Antiga (2008). Bertrand Editora. 336 pp.

Viaxes

Nas Margens de um Rio (1987) Comboios Portugueses (1988) O Voo dos Anjos (1995) Tão Longe Quanto os Homens (2010). Con Manuel Gomes Costa. Monstera Ed.

Guías

99 cervejas + 1 ou Como Não Morrer de Sede no Inferno (2006). A Esfera dos Livros. 120 pp. Dicionário de Coisas Práticas (2011). Bertrand Editora. 216 pp. A Dieta Ideal. Receitas Familiares e Saborosas (2015). Quetzal Editores. 192 pp.

Premios

2005: Grande Prémio de Romance e Novela da Associação Portuguesa de Escritores por Longe de Manaus.

Condecoracións

Grande-Oficial da Orde do Mérito, 10 de xuño de 2009.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Blog A origem das espécies, de FJV

Categoría:Xornalistas de Portugal Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Alumnos da Universidade Nova de Lisboa Categoría:Personalidades do xudaísmo de Portugal Categoría:Nados en 1962