Isabel de Baviera, nada en 1371 e finada en París en 1435, foi princesa de Baviera e raíña consorte de Francia (1385 - 1422). Traxectoria Orixes familiares Naceu en 1371, filla do duque Estevo III de Baviera e da súa esposa Taddea Visconti. Era neta por liña paterna de Estevo II de Baviera e Isabel de Sicilia e por liña materna de Barnabo Visconti e Beatriz della Scala. Matrimonio e descendentes O 17 de xullo de 1385 casou en Amiens co rei Carlos VI de Francia. Desta unión naceron: O príncipe Carlos de Francia (1386), delfín do Vienés. A princesa Xoana de Francia (1388 - 1390). A princesa Isabel de Valois (1389 - 1409), casou en 1396 con Ricardo II de Inglaterra e en 1406 con Carlos de Orleáns. A princesa Xoana de Valois (1391 - 1433), casou en 1397 co duque Xoán VI da Bretaña. O príncipe Carlos de Francia (1392 - 1401), delfín do Vienés. A princesa María de Francia (1393 - 1438), abadesa. A princesa Micaela de Valois (1395 - 1422), casou en 1409 co duque Filipe III de Borgoña. O príncipe Luís de Valois (1397 - 1415), delfín do Vienés. O príncipe Xoán de Torena (1398 - 1417), delfín do Vienés, casou en 1415 coa condesa Jacquelina de Baviera. A princesa Caterina de Valois (1401 - 1437), casou en 1420 con Henrique V de Inglaterra e en 1429 con Owen Tudor. O príncipe Carlos VII de Francia (1403 - 1461), rei de Francia. A princesa Filipa de Valois (1407). Isabel faleceu o 24 de setembro de 1435 en París e foi enterrada na catedral de Saint-Denis xunto ao seu marido. Véxase tamén
Categoría:Reis de Francia Categoría:Casa de Wittelsbach Categoría:Nados en 1371 Categoría:Finados en 1435 Categoría:Nados en Múnic