El hoyo é un filme español de ciencia ficción e suspense do ano 2019 dirixido por Galder Gaztelu-Urrutia'El hoyo', la película española que ha arrasado en todo el mundo y ha seducido a Netflix e protagonizado por Iván Massagué, Antonia San Juan, Zorion Eguileor, Emilio Buale e Alexandra Masangkay.
O filme estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto o 6 de setembro de 2019, onde gañou o premio People's Choice Award for Midnight Madness e recibiu boas críticas. A estrea europea do filme tivo lugar no Festival de Cinema de Sitges o 8 de outubro de 2019. O 12 de outubro de 2019, El hoyo gañou catro premios, entre eles, o premio de mellor filme, converténdose así no primeiro filme español en gañar o premio nas 52 edicións que tivera o festival.
O 26 de outubro de 2019 foi o filme que inaugurou a semana do Cinema Fantástico e de Terror de Donostia. A estrea en salas comerciais tivo lugar o 8 de novembro de 2019. Netflix adquiriu os dereitos do filme antes da súa estrea nos cinemas, pasando a formar parte do catálogo da plataforma a nivel mundial, agás nos países asiáticos.
Sinopse Dúas persoas por nivel, un número descoñecido e vertixinoso de niveis e unha soa plataforma con comida para todos eles.
Personaxes Iván Massagué como Goreng Antonia San Juan como Imoguiri Zorion Eguileor como Trimagasi Emilio Buale Coka como Baharat Alexandra Masangkay como Miharu Eric Goode como Sr. Brambang
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Galder Gaztelu-Urrutia Categoría:Filmes sobre canibalismo