Manuel Trigo Díaz, nado en Caleiro (Vilanova de Arousa) en 1907 e finado en Vilagarcía de Arousa o 16 de xaneiro de 1992,La Voz de Galicia, Arousa, 18-1-1992, p. 31. foi un mestre e escritor galego.
Traxectoria Fillo de José Trigo Gómez. Iniciou os estudos de Maxisterio por libre e ao rematar a carreira foi mestre en Moaña. Pasou despois á escola de Vilanoviña patrocinada polos emigrantes que acollía alumnos procedentes de Baión, Mosteiro e Vilanoviña. Foi mariño de guerra durante a Guerra Civil e cando rematou foi destinado a Aralde e pouco tempo despois a Vilagarcía de Arousa. Participou nos certames poéticos Perla de Arosa organizados polo Concello, obtendo varios galardóns. Foi moi celebrada a "Cántigas da Queimada". Foi delegado do Patronato Rosalía de Castro na comarca do Salnés, redactor do Plan Marisqueiro de Galicia e colaborou na organización de Fexdega.
Vida persoal
Casou con Hipólita Pardo Montes e foi pai de Pilar, Helena e Manuel Trigo Pardo. Notas
Véxase tamén Bibliografía Viana, Victor, "Manuel Trigo Díaz: In Memoriam". La Voz de Galicia, Arosa, 19-1-1992, p. 33.
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Vilanova de Arousa Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1928 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes