O Club Santos Laguna S.A. de C.V., coñecido como Santos Laguna, é un club de fútbol profesional da Comarca Lagunera, México. Compite na Liga MX.

Historia O Santos Laguna foi fundado en 1983 e chegou á máxima división do fútbol mexicano tras comprar o Ángeles de Puebla, desaparecido en 2001. O club debutou na Primeira División na tempada 1988–89. Dende entón conseguiron seis campionatos: Inverno de 1996, Verán de 2001, Clausura de 2008, Clausura de 2012, Clausura de 2015 e Clausura de 2018. Chegou tamén ás finais na tempada 1993–94, no Verán de 2000, no Bicentenario de 2010, no Apertura de 2010 e no Apertura de 2011. Ademais gañou a copa mexicana no Apertura de 2014.

O Santos é o terceiro equipo de fútbol formado na rexión de Laguna, tras o Laguna Football Club e o Football Club Torreón. En 2018, o club celebrou o seu 35º aniversario cun cambio de escudo. En 2013 foi elixido coma o quinto equipo máis popular de México.Chivas y América: los más populares (10 de marzo de 2013)

Patrocinadores AnosVestimentaPatrocinador1988–89 Adidas Coca-Cola1989–90 Pepín Martí1990–911991–92TopperQuesos La Risueña1992–94Pony InternationalCoca-Cola1994–96 ABA Sport Corona Extra1996–00 Corona Sport2000–02 Soriana2002–10 Atletica2011–2018 Puma2018– Charly

Estadio Estadio Corona miniatura|200px|alt=Football pitch after a goal was scored|Antigo Estadio Corona (1970-2009) O Estadio Corona, en Torreón, Coahuila, foi un dos estadios máis pequenos de México, cunha capacidade para 20.100 espectadores. Coñecido coma o Estadio Montezuma, inaugurouse o 2 de xullo de 1970 cun amigable entre o CF Torreón e o Guadalajara. O estadio foi demolido o 2 de novembro de 2009.

Novo Estadio Corona O Santos Laguna xoga os seus partidos coma local no Estadio Corona, con capacidade para 30.050 espectadores. A construción comezou o 22 de febreiro de 2008 e rematou o 11 de novembro de 2009. Inaugurouse cun amigable entre o Santos Laguna e o Santos FC brasileiro, con vitoria por 2-1 do equipo local.

miniatura|200px|alt=Football pitch during a game, seen from one end|Novo Estadio Corona (2009-)

Palmarés CompeticiónTítulosTempadasLiga MX6 Inverno 1996, Verán 2001, Clausura 2008, Clausura 2012, Clausura 2015, Clausura 2018Copa MX1 Apertura 2014Campión de Campións1 2015

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do Club

Santos Laguna