FAISAT (acrónimo de Final Analysis Inc. Satellite), coñecido tamén como Faisat 1, é un satélite de comunicacións da empresa Final Analysis Inc. lanzado o 24 de xaneiro de 1995 mediante un foguete Kosmos 3M, xunto co satélite Tsikada 1, desde o cosmódromo de Plesetsk.
Características FAISAT tiña unha masa de 115 kg e a súa misión principal era a de comunicacións mediante o sistema de almacenamento e reenvío de datos a terminais situados nos Estados Unidos. Levaba a bordo unha carga secundaria da Forza Aérea dos Estados Unidos que non foi activada debido a falta de fondos. O satélite debía probar protocolos de comunicación en órbita baixa terrestre nas bandas de VHF e UHF, pero non foi capaz de establecer ligazóns estables cos terminais remotos cos que debía comunicarse. Foi apagado en maio de 1996. Foi seguido polo satélite FAISAT 2V.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Kosmos 3M FAISAT 2V
Categoría:Satélites artificiais