A Real Casa da Moeda do Canadá (en inglés: Royal Canadian Mint; en francés: Monnaie royale canadienne) é unha compañía canadense de titularidade estatal e propiedade da Coroa, establecida en 1908 e que opera baixo a Lei da Ceca Real Canadense, de 1985,Stastna, K. (2012). "What are Crown corporations and why do they exist?". CBC. 1 de abril."Loi sur la Monnaie royale canadienne (LRC). 1985". En https://laws-lois.justice.gc.ca/fra que se encarga da produción de todas as moedas de curso legal no Canadá e tamén para outros estados."Circulation coins". Royal Canadian Mint / Monnaie royale canadienne.

Ademais, a RCMC ocúpase dos deseños e da manufactura de moedas de colección e de moedas de investimento cuñadas en metais preciosos (ouro, prata, paladio e platino), así como de medallas e de fichas comerciais de uso privado. Ofrece, tramén, servizos de ensaio e refino de prata e de ouro."Collecting coins". Royal Canadian Mint / Monnaie royale canadienne."Bullion refined". Royal Canadian Mint / Monnaie royale canadienne.

Aínda que é de titularidade pública, a compañía ten o mandato de operar "en previsión de ganancias", ou sexa, con criterios comerciais e sen depender do apoio dos contribuíntes para financiar as súas operación.Haxby, J. A. (1983).

Tradicionalmente, o presidente da Real Casa da Moeda do Canadá coñécese co título de Master of the Mint ("Mestre da Ceca"), consonte a tradición británica. En 2018 tomou posesión como presidenta Marie Lemay, que dirixe un consello de administración que debe render contas ante o Ministerio de Facenda.

A compañía foi nomeada unha das "100 mellores empresas do Canadá" por Mediacorp Canada Inc., entre 2007 e 2010."Canada's Top 100 Employers (2020)". Canada's top 100.

En abril de 2012, a ceca canadense anunciou que estaba a desenvolver unha criptomoeda denominada MintChip, para facilitar as transaccións anónimas co apoio do Goberno do Canadá."Royal Canadian Mint to create digital currency". En The Star. 11 de abril de 2012. Finalmente, abandonou o proxecto e transferiullo a unha entidade privada."Canadian Government to End ‘MintChip’ Digital Currency Program ". Coindesk.com. 4 de abril de 2014.

Historia A Real Casa da Moeda do Canadá divide as súas instalacións en dúas sedes, unha situada na capital, Ottawa, onde actualmente se cuña a maioría das series de moedas conmemorativas e de colección, e outra en Winnipeg, Manitoba, que centra as súas operacións na moeda circulante no país."Ottawa facility". Royal Canadian Mint / Monnaie royale canadienne."Winnipeg Location". Royal Canadian Mint / Monnaie royale canadienne.

As orixes: sede de Ottawa miniatura|250x250px|Sede da Real Casa da Moeda do Canadá en Ottawa

Durante os primeiros cincuenta anos de moeda canadense (os centavos destinados a circular na Provincia do Canadá emitíronse por vez primeira en 1858), as moedas cuñáronse maioritariamente na Royal Mint, a ceca real de Londres e, en menor medida, na ceca privada de Heaton en Birmingham, Inglaterra. Á medida que o Canadá foi emerxendo como unha nación con dereito propio, apareceu tamén a súa necesidade de dotarse dunha moeda nacional. Como resultado, autorizouse a construción dunha sucursal da Royal Mint en Ottawa en 1901, logo de ser proposta por primeira vez en 1890."Sen título". En Hardware. 14 de febreiro de 1890. Páxina 3 (dous derradeiros parágrafos)."Motion: Cold coinage in Canada". En Debates of the Senate of the Dominio nof Canada. Ottawa. 1890. Páxina 170.

Durante unha breve cerimonia, o entón Gobernador Xeral do Canadá, Lord Grey e a súa esposa activaron as presas daquela primeira casa de moeda canadense o 2 de xaneiro de 1908, o que supuña a inauguración oficial da sucursal da Royal Mint en Ottawa."History ". Royal Canadian Mint / Monnaie royale canadienne. As instalacións comezaron a funcionar con 61 empregados.The CN Journal. Numismatic Association, Markham. Ontario. Vol. 53. Nº 1. Xaneiro-febreiro. 2008. Páxina 29. Tres anos despois, a ceca comezou a refinar o ouro por electrólise no seu departamento de ensaios, aínda que este método resultou ser demasiado lento e, en 1915, a Casa da Moeda introduciu un novo proceso de cloración desenvolvido en Australia para reducir os tempos de procesamento e aumentar a capacidade de refinaxe de ouro. Desde entón, a refinaría da ceca sufriu diversos cambios e o proceso de hoxe se utiliza é unha combinación de cloración e electrólise.

Foi durante a Gran Depresión cando a ceca de Ottawa negociou a súa independencia con respecto á ceca real británica. En 1931, a Casa da Moeda de Ottawa pasou a denominarse Real Casa da Moeda do Canadá (Royal Canadian Mint) e comezou a render contas unicamente ao Ministerio de Facenda do país. No entanto, a ceca continuaba a confiar na Royal Mint a produción das matrices utilizadas para a fabricación dos cuños. En 1969, o Goberno canadense reorganizou a institución, que se converteu nunha "corporación da Coroa" sen dependencia do Ministerio de facenda, senón como unha compañía co seu propio consello de administración e capacidade de decisión autónoma.

En 1979, o edificio da Real Casa da Moeda en Ottawa foi designado como Sitio Histórico Nacional, por representar o interese do Goberno polo uso do estilo arquitectónico "gótico Tudor" como distintivo da identidade da capital canadense, e tamén para valorizar o control do Canadá sobre a súa propia moeda."Royal Canadian Mint National Historic Site of Canada". Canada's Historic Places.

Nestas instalacións prodúcense as moedas conmemorativas e para o coleccionismo e as medallas, así como os lingotes e as barras para o comercio con metais preciosos. Ademais, fabrícanse tamén todas as matrices e os cuños para a cuñaxe tanto das moedas conmemorativas como das regulares destinadas á circulación. As refinarías de ouro e de prata e os laboratorios de ensaio están tamén nas instalacións de Ottawa, así como un equipo de enxeñaría avanzada para o desenvolvemento de proxectos de I+D+i.

O derradeiro membro supervivente do primeiro cadro de persoal da ceca de Ottawa foi Owen Toller, quen comezou como traballador non cualificado e se retirou como oficial administrativo, logo de 45 anos de dedicación, o 6 de xaneiro de 1953. Toller finou en 1987 aos 102 anos.

A sede de Winnipeg miniatura|Sede da Real Casa da Moeda do Canadá en Winnipeg

En novembro de 1960, o director da Real Casa da Moeda, N. A. Parker, informou o Ministro de Facenda acerca da necesidade dunhas novas instalacións, xa que as existentes estaban ao 100 % da súa capacidade. De feito, xa se estaban a producir na Casa da Moeda de Filadelfia, nos Estados Unidos, grandes cantidades de moedas de dez centavos, e tamén se subcontrataba a cuñaxe dalgunhas moedas conmemorativas. En 1963 e 1964, o Goberno considerou a posibilidade de construír unhas novas instalacións que puidesen estar operativas no prazo de dous anos, e o primeiro ministro Lester B. Pearson suxeriu a súa localización en Elliot Lake, Ontario. O executivo seguinte, dirixido por Pierre Trudeau, decidiu descentralizar moitos servizos e, como resultado das reclamacións feitas pola provincia de Manitoba pola súa perda de instalacións militares, en febreiro de 1970 propúxose situar alí, na cidade de Winnipeg, a nova sucursal da Casa da Moeda. Finalmente, a decisión tomouse en decembro de 1971; os terreos adquiríronse en 1972 e a construción comezou a finais dese mesmo ano.

O edificio de Winnipeg ten unha aparencia moi diferente ao de Ottawa. O arquitecto Étienne Gaboury deseñou un rechamante edificio triangular que se ergue no medio dunha pradaría. A súa inauguración en 1976 permitiu reorganizar o labor da Real Casa da Moeda do Canadá, de maneira que a sede de Ottawa se especializou na cuñaxe de moedas de colección e de investimento, en tanto que a nova sede de Winnipeg se dedicou á subministración de moeda circulante tanto ao Canadá como a outros países.

Desde a súa apertura en 1976, a ceca canadense de Winnipeg cuñou moeda circulante para 70 países. A modo de exemplo, produciu centavos para Cuba, pesetas para España, coroas para Noruega, fils para o Iemen, pesos para Colombia, coroas para Islandia, baht para Tailandia e a dólares para Hong Kong."Foreign coins struck by the Royal Canadian Mint ". Canadian Numismatic Publishing Institute.

Administración da compañía A Real Casa da Moeda do Canadá é unha corporación da Coroa e opera ao abeiro da Lei da Casa da Moeda. Ao servir ao interese público, este tipo de institucións ten unha autonomía administrativa superior á doutras institucións gobernamentais, o que lle favorece que poida operar de maneira comercial. Do mesmo xeito que as compañías do sector privado, a Casa da Moeda ten un consello de administración, composto por un presidente, un director xerente e oito directores de área. Tradicionalmente, o director xerente da compañía coñécese como Master of the Mint ("mestre de ceca")."Corporate information: Board Members". Royal Canadian Mint."Resilient and sustainable. Royal Canadian Mint Annual Report 2018 ". Páxina 15. Royal Canadian Mint.

Directores da RCMC Esta é unha listaxe dos directores xerentes da Real Casa da Moeda do Canadá desde a súa fundación: 1908-1919: James Bonar. 1919-1925: Arthur H.W. Cleave. 1925-1937: John Honeyford Campbell. 1938-1944: Henry Edward Ewart. 1946-1947: Alfred Percy Williams. 1947-1953: Walter Clifton Ronson. 1954-1959: Alfred Percy Williams. 1959-1968: Norval Alexander Parker. 1968-1970: E. F. Brown. 1970-1975: Gordon Ward Hunter. 1975-1981: Yvon Gariepy. 1981-1982: D. M. Cudahy. 1982-1986: James C. Corkery. 1986-1993: M. A. J. Lafontaine. 1993-1994: M. R. Hubbard. 1994-2002: Danielle Wetherup. 2002-2003: Emmanuel Triassi. 2003-2005: David C. Dingwall. 2005-2006: Marguerite Nadeau. 2006-2014: Ian Bennett. 2014-1015: Marc Brûlé. 2015-2018: Sandra Hanington. 2018-2019: Jennifer Camelon. 2019 > : Marie Lemay.O departamento gobernamental responsable da Real Casa da Moeda é o Departamento de Facenda. A compañía organízase arredor de catro liñas de negocio: servizo de metais preciosos e refinaría, moedas circulantes do Canadá, negocios co estranxeiro e numismática.

Ingresos por liña de negocio

miniatura|180x180px|Moeda de Terra Nova circulante con valor de 10 centavos de dólar

(cantidades en millóns de dólares) Moeda circulante CanadáMoeda de colección