Lillian Moller Gilbreth, nada en Oakland, California (EUA) o 24 de maio de 1878 e finada en Phoenix, Arizona o 2 de xaneiro de 1972, foi unha psicóloga estadounidense, cuxos traballos se desenvolveron principalmente na área de enxeñaría industrial. Foi unha das primeiras mulleres enxeñeiras que obtivo un doutoramento, e, posiblemente, a primeira verdadeira psicóloga industrial/organizacional.

Ela e o seu esposo, Frank Bunker Gilbreth, eran expertos en eficiencia e contribuíron ao estudo de enxeñaría industrial en campos como o do movemento e os factores humanos. Os libros Cheaper by the Dozen e Belles on their toes (escrita polos seus fillos Ernestine e Frank Jr.) narran a historia da súa vida familiar cos seus doce fillos e describen como aplican o seu interese no estudo de movemento e de tempo para a organización e as actividades diarias dunha familia tan extremadamente grande.

Traxectoria Un dos principais empregos que tivo durante a súa carreira foi o de asesora económica oficial dos presidentes Herbert Hoover, Franklin Delano Roosevelt, Dwight D. Eisenhower, John Fitzgerald Kennedy e Lindon Johnson, con este último traballou en defensa civil, produción de material bélico e rehabilitación de feridos.

Lillian inventou tamén obxectos como o cubo de lixo de pedal e os estantes da porta da neveira. Foi a primeira muller en ser elixida para a Academia Nacional de Enxeñería.

Homenaxes Existe unha exposición permanente nunha sala dedicada exclusivamente ao matrimonio Gilbreth, no Museo Smithsonian (parte do Instituto Smithsonian, en Washington D.C.) na sección de Historia Americana (estadounidense, especificamente) e o seu retrato colga no National Portrait Gallery.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ignotofsky, Rachel (2017). Mujeres de ciencia : 50 intrépidas pioneras que cambiaron el mundo (1ªed.). Madrid. ISBN 978-84-16830-80-0

Outros artigos

Historia das mulleres na enxeñería Xestión científica

Ligazóns externas

Lillia Moller Gilbreth Biografía de Lillian Evelyn Gilbreth na Enciclopedia Británica Lillian Gilbreth: First Lady of Engineering en YouTube

Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Adelphi Categoría:Alumnos da Universidade de California, Berkeley Categoría:Enxeñeiros dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1878 Categoría:Nados en Oakland Categoría:Finados en 1972 Categoría:Enxeñeiros